Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
TÉRMICA

Fin do bloqueo das Pontes cun acordo: “A loita valeu a pena”

Endesa favorecerá a contratación local dos camioneiros e dos servizos das auxiliares // Os transportistas acumulaban xa ano e medio sen ingresos

Baixo unha intensa chuvia, os camións das Pontes volvían a percorrer este martes as estradas. O desbloqueo da térmica chegaba cando pasaban uns minutos das 11.00 da mañá. E atrás quedaban cinco xornadas de protestas, para buscar unha solución ante o que denunciaban como “un desmantelamento da central”. Endesa, transportistas e sindicatos das subcontratas chegaron ao seguinte acordo: favorecerase a contratación local de servizos e transportes, en beneficio dos conductores e das auxiliares. Esa contratación obedecerá a criterios de transición xusta. Ademáis, reanudaranse de inmediato as probas de biocombustión que a empresa paralizara o venres debido ás mobilizacións. E para as auxiliares elaborarase un listado de persoal afectado polo posible peche da térmica.

A cambio de todo iso, Endesa sacará das Pontes dúas bombas de recirculación de lechada que correspondían á nova desulfuradora dos grupos 3 e 4. Levará estes equipos a outra central da compañía, pero serán devoltos á planta galega en caso de ser necesitados. Unha vez logrado o acordo, o voceiro dos camioneiros recalcaba que “a loita valeu a pena”. Así o indicaba Cholo Bouza, mentras os veículos deixaban os dous accesos da térmica: “Mereceu a pena e ademáis por primeira vez estivemos todos xuntos (en alusión a comité de empresa de Endesa, auxiliares, transportistas e concello das Pontes)”. Mesmo engadiu que “se fixéramos isto antes, tamén lograríamos cousas antes”.

Admite Cholo Bouza que “tampouco tíñamos moito máis que pedir do que nos deron, o importante é que os afectados estivemos unidos”. Entre os logros destaca que “teñamos prioridade en facer o traballo que veña para Endesa ou para o porto exterior de Ferrol, e que a central reanude as probas de biocombustibles en dous ou tres días”. Ademáis, indica que “as bombas poderán volver á central térmica pontesa no caso de que funcionen as probas que se realizan cos biocombustibles”.

De todos modos, os transportistas reclaman as axudas prometidas tanto polo Ministerio para a Transición Ecolóxica como polo Igape (Xunta de Galicia). E recalcan que “a nosa loita non remata aquí, non pararemos agora coas administracións”. O concello pontés apoiou en todo o momento estas protestas. Na saída dos camioneiros estaba precisamente este martes a concelleira de Emprego e Industria, Ana Pena: “Estamos satisfeitos de que se chegara a un acordo e do compromiso de Endesa, as solicitudes dos transportistas eran importantes para eles porque levaban ano e medio co traballo paralizado debido a que non se movía carbón”.

A edil califica a situación destes conductores como “moi crítica”. E tamén celebra que se consensuara un listado de traballadores das auxiliares, “para que ninguén se quede fóra das opcións dentro da transición xusta”.

futuro
PECHAR OU CONTINUAR

··· Ante o Goberno central, Endesa ten para a térmica das Pontes unha solicitude de peche para o 30 de xuño do vindeiro 2021. Pero antes agarda polos resultados e a viabilidade térmica dos biocombustibles, para ver se podería existir unha continuidade para a planta.

··· De todos modos, como indicaron fontes de Endesa xa a pasada semana “a empresa está comprometida co futuro das Pontes, coa búsqueda activa de proxectos empresariais e co Plan Futur-e”. E a compañía ten a vontade de “buscar todas as solucións viables para cancelar a solicitude de peche”.

27 oct 2020 / 20:19
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.