Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Formoso busca unha estratexia nacional de igualdade e o emprego e o emprendemento no rural

Sobre o resultado das enquisas publicadas este sábado, considera “moi preocupante que o PSdeG siga no furgón de cola e perdendo peso” // Destaca que avalan que non só non crece senón que retrocede e precisa dun cambio, dun novo impulso

A elaboración dunha “estratexia nacional de igualdade e o fomento do emprego e o emprendemento no ámbito rural son dous dos eixos básicos que conforman as nosas dez propostas para sumar e avanzar en Galicia”, afirmou Valentín González Formoso na previa dun acto polo Día da Muller Rural, que se conmemorou esta semana. O candidato á Secretaría Xeral do PSdeG-PSOE eloxiou “o labor das mulleres das zonas rurais, que é decisivo para o progreso social e económico das nosas aldeas e vilas, son elas as que foron e seguen a ser o combustible que fai que funcione o territorio”. Tamén destacou a aposta que se leva facendo nestes eidos “nas institucións nas que gobernamos con políticas socialistas, como as da Deputación da Coruña, que nunca antes dedicara tanto ao rural a través de investimentos para impulsar infraestruturas e servizos nos concellos máis pequenos que permiten que a mocidade poida quedarse nestes lugares para levar a cabo o seu proxecto de vida persoal e laboral”.

Formoso incidiu na importancia destas políticas de igualdade e de aposta polo rural para que “o talento galego se asente no noso territorio e non se vexa na obriga de ter que emigrar” e reafirmou o “compromiso do noso proxecto de partido co sector primario, que é fundamental para fixar poboación e para a recuperación económica do rural”.

Preocupación polos resultados das enquisas Cuestionado polas enquisas publicadas hoxe para coñecer a intención de voto da sociedade galega Formoso considerou “moi preocupante” que “un ano despois das eleccións autonómicas o PSdeG siga no furgón de cola e perdendo peso na política do país”. “Os resultados desa enquisa avalan, con datos, o que vimos dicindo durante todo este tempo e é que o PSdeG non só non crece senón que retrocede e precisa dun cambio, dun novo impulso, para recuperar o lugar que lle corresponde”, afirmou. O candidato subliñou que “quere un PSdeG que ilusione á sociedade galega fronte ao conformismo e á resignación” e que “o socialismo galego non pode ser a terceira forza”.

Cargando reproductor ...
Cargando reproductor ...
23 oct 2021 / 20:11
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.