Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Formoso critica o “cinismo fiscal” do presidente

Redondela. O secretario xeral dos socialistas galegos, Valentín Gonzalez Formoso, criticou o anuncio da bonificación do 50% do imposto de patrimonio, que claificou de rebaixa “aos millonarios” e unha mostra do “cinismo fiscal” do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda. Engadiu que estas rebaixas non axudan á xente, xa que Galicia é “un país de xente traballadora e de clase media, non un país de millonarios”. Formoso amosouse “escandalizado” ante a noticia, e dende o seu punto de vista Rueda está practicando “cinismo fiscal” ao bonificar os impostos “aos que máis teñen” e logo pedir fondos ao Estado. Entende que non se debe a unha iniciativa propia do presidente galego, senón que a decisión é por “facerlle caso a Ayuso, a Feijóo e a Moreno Bonilla”. Ante isto, calificou as súas accións de “segudismo” político, e remarcou que “os galegos e as galegas merecen un goberno digno, que respecte Galicia” e que “non utilice Galicia na confrontación co Estado”. O secretario xeral do PSdeG reivindicou que Galicia ten que ter “criterio propio” en política fiscal e “non estar sometida a Génova” e polo tanto, ao “PP de Madrid”. O secretario xeral do PSdeG participou nun acto xunto á militancia socialista en Redondela, en compañía da alcaldesa, Digna Rivas, que quixo felicitar e sobre a que destacou que “conta cun gran equipo e un gran proxecto” de cara ás municipais de 2013. No acto tamén participaron o alcalde de Vigo, Abel Caballero, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o secretario xeral do PSdeG da provincia de Pontevedra, David Regades. E.N.

25 sep 2022 / 21:28
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito