Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Foro de Davos á galega desde Muxía en favor da economía

Os economistas, académicos, membros da administración e empresarios abordan o porvir productivo da comunidade

Máis de medio cento de expertos, académicos, empresarios, responsables das administracións e entidades bancarias reúnense desde o xoves e ata este venres co obxectivo de realizar unha profunda análise sobre os retos aos que se enfronta Galicia. O Parador de Muxía foi elexido como o lugar de encontro tras dous anos de parón por mor da pandemia.

O primeiro día de traballo arrincou coa presentación de tres documentos. O primeiro, A crise industrial de Galicia: mito ou realidade, un informe sobre a realidade industrial de Galicia en todas as ramas produtivas, desde a industria cárnica, a madeira, o téxtil, a automoción ata a metalurxia ou a industria farmacéutica. Toma o pulso da industria galega na súa dimensión en facturación e emprego xerado.

O traballo dos membros do Foro Económico de Galicia Fernando González Laxe, Santiago Lago, Patricio Sánchez e José Francisco Armesto, e os comentarios ao documento foron realizados por María Montalvo, da empresa Freire Irmáns; Daniel Hermosilla, do Grupo Rodiñas, e Julio Iglesias, da empresa Revi. No debate, os empresarios insistiron nos retos globais e nas oportunidades que se abren cara o exterior, pero tamén na necesidade dun entorno facilitador, con menos burocracia e maior seguridade xurídica, sen esquecer o reto demográfico e o acceso ao solo industrial. En definitiva apelouse á necesidade dun ambiente amable, dende o punto de vista económico, en Galicia para enfrontar ao retos actuais e futuros.

O director do Foro, Santiago Lago, indicou que “Galicia non é un páramo industrial”, e se ben é certo existen empresas en crise, no conxunto o comportamento é positivo grazas a resposta das empresas familiares galegas.

O segundo documento, A reforma que a Administración necesita: propostas para o S. XXI foi presentado pola súa autora, Concepción Campos Acuña, e comentado por Dolores Martínez, de Galuresa. Trátase dunha reflexión sobre a xestión da Administración Pública, con medidas para adaptar os servizos ás necesidades do noso tempo.

Finalmente, a primeira xornada de traballo pechouse coa exposición do informe Balance e perspectivas, un traballo de Santiago Lago e Patricio Sánchez pola UVigo, o economista Francisco Carballo pola Universidade do Minho e María Bastida, da USC, presentado coa moderación Marcos Gómez Paz, de Cruz Vermella.

Este venres o director da Agencia Tributaria (AEAT), Jesús Gascón, impartirá a conferencia Retos de la Administración Tributaria en un contexto de cambio. Terá como moderador ao conselleiro de Facenda e Administración Pública da Xunta, Miguel Corgos López-Pardo.

Para finalizar os dous días de traballo, o presidente de Renfe, Isaías Táboas, ofrecerá a conferencia Renfe: presente e futuro da mobilidade sostible, que será comentada por Álvaro Sánchez Manzanares, secretario xeral de portos do Estado, e moderará Víctor Nogueira, presidente do Grupo Nogar de de AGEF.

22 abr 2022 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.