Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Galicia é pioneira en recoñecer a violencia dixital na súa lexislación

Os tres grupos parlamentarios chegaron a un consenso para a modificación da actual normativa // Esixen que o Goberno español poña o foco neste tipo de delitos que van en aumento

De que a violencia dixital é unha nova forma de maltrato non tivo dúbidas o Parlamento galego, que este martes aprobou por unanimidade o dictame impulsado polo grupo popular para que sexa recoñecida como violencia machista con 71 votos, sendo a primeira comunidade en lexislar sobre este aspecto. Deste xeito, os tres grupos parlamentarios encabezados pola popular Paula Prado, a socialista Noa Díaz, e a viceportavoz do Bloque, Olalla Rodil trasladaron o sí para a aprobación da reforma de Lei para a Prevención e o Tratamento Integral da Violencia Xénero do 2007.

“Hoxe damos un paso importante na loita contra a violencia de xénero no ámbito da Comunidade galega, e agardamos que tome nota o Goberno de España e poña en marcha os mecanismos que permitan modificar o Código Penal co fin de perseguir axeitadamente estes delitos que van en aumento”, manifestou na súa interevención a viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado.

Na súa intervención, Prado agradeceu “a sensibilidade amosada por todos os grupos parlamentarios e a vontade de consenso manifestada ao longo de toda a tramitación parlamentaria, con debates construtivos e do único fin de protexer ás mulleres da violencia de xénero e, neste caso, da violencia dixital”.

“No Grupo Popular aspiramos a que desde este Parlamento sexamos exemplo de unidade contra a violencia de xénero, porque é a mellor campaña que podemos facer de cara a este 25 de novembro e o maior compromiso que podemos asumir: mandar unha mensaxe de unidade de que contra a violencia de xénero ‘tolerancia cero’, e que todos e todas remamos na mesma dirección, sen fisuras ideolóxicas e partidistas”, subliñou.

Paula Prado lamentou o incremento que se está a producir dos delitos sexuais a través das novas tecnoloxías, producíndose ademais un aumento dos delitos sexuais contra menores de 16 anos. Neste sentido ve preciso que na Lei estatal se perfeccione a tipificación dos delitos no ámbito dixital.

incorporación de EMENDAS Describir unhas condutas delitivas cada vez máis en auxe; sensibilizar á xente máis nova dos perigos destas prácticas; e poñer en marcha políticas públicas e medidas de prevención para evitar que estas se produzan era o que plantexaba o Grupo Popular con esta proposición de lei. Así, os populares incluíron, a través dunha emenda, como condutas de violencia de xénero dixital non só as que se exercen a través das novas tecnoloxías, senón todo acto cometido, instigado ou agravado, ademais de que se utilicen como medio para cometer o delito os servizos de xeolocalización”. En coordinación cos grupos de oposición transaccionáronse emendas emendas relativas á colaboración que debe impulsar o Goberno galego coas plataformas dixitais para traballar no establecemento de criterios e mecanismos áxiles e urxentes de denuncia e retirada de contidos relacionados coa violencia de xénero dixital.

Neste sentido, os grupos parlamentarios falaron nas súas intervencións do caso de A Maruxaina, onde varias mulleres foron gravadas sen consentimento mentras mexaban na rúa e ditas imaxes foron compartidas en webs pornográficas. Coinciden en incluír no texto unha referencia lexislativa para evitar que volvan a repetirse este tipo de feitos.

díaz: “poñer o foco en programas de sensibilización para a xente moza” Na súa posición sobre o dictame, a socialista Noa Díaz afirmou que é preciso avanzar cara novas formas de protección poñendo o foco nas TICs. “As nosas emendas melloran o obxectivo inicial, incorporando actuacións que traballan na mellora da sensibilización, educación, e mecanismos para detectar contidos nocivos que atentan contra a integridade das mulleres”, comentou na súa intervención. De cinco emendas presentadas rechazouse unha, referente a que se incluise na definición de violencia dixital o concepto de misoxinia, algo que tamén propoñía o BNG.

Entre outras propostas, Díaz considera importante potenciar a investigación sobre a violencia dixital, coñecendo tanto o perfil das mulleres como dos maltratadores, así como poñer o foco en programas de sensibilización para a poboción moza. “ Son violencias cara a muller no mundo virtual e non por iso son menos nocivas. Camiñamos todos e todas da man na loita contra a violencia machista”.

rodil: nunca tivemos unha xeración de mulleres tan informada e formada” Por outra banda, a viceportavoz parlamentaria, Olalla Rodil Fernández comezou a súa intervención no debate afirmando que o voto do seu partido sería a favor do texto. “Compartir fotografías e vídeos de contido erótico- sexual son unha práctica cada vez máis habitual nos mozos e mozas. Isto desencadea nun incremento dos delitos da liberdade sexual contra as mulleres a través das TICs”, dixo

Para Rodil a mensaxe principal da lei de violencia de xénero en Galicia debe reflexar o fundamental que é “formar e informar para ser conscientes dos riscos que implican este tipo de prácticas”.

Do mesmo xeito que o PSdeG, o seu partido presentou unha emenda na que solicitaba introducir na ley galega a misoxinia, “o que moitas veces se consideran micro machistas pero que están na base dese iceberg da violencia que se comete contra as mulleres”.

A viceportavoz do BNG quixo rematar a súa participación no debate rompendo unha lanza a favor das mulleres. “Nunca tivemos unha xeración tan formada e informada como as mulleres deste país e iso tamén é un logro. Hai unha conciencia feminista moi grande. Temos unha xeración que detecta formas de violencia machista e iso tamén se reflexa nos datos”, concluíu.

datos do ‘sexting’
Coacción nas mulleres

··· O uso de Internet e novas tecnoloxías entre infancia e adolescencia recentemente foron obxecto da publicación dun macro estudo, elaborado por Unicef. Conta cunha mostra de 50.000 alumnos de toda España, dos que 3.000 son galegos que cursan a ESO. Algúns dos datos a nivel nacional son:

• Enviáronche mensaxes de carácter erótico ou sexual? 40% das mozas e o 43 % dos mozos dixeron si.

• Enviáronche fotos ou vídeos de outras rapaces da túa contorna de carácter erótico ou sexual? Afirmativo: 14 % de alumnas e 23, 6 % de alumnos.

• Alguén te presionou ou intentou chantaxear para que lle enviaras contidos sexuais? Si: 16 % frente a 6,8 % de mozos.

24 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.