Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Galicia non terá oposicións ata 2021 e prestar servizos na pandemia dará "un plus" na OPE sanitaria

Convocaranse máis de 7.000 prazas públicas

SANTIAGO. EP. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ratificou este xoves que en Galicia se convocarán máis de 7.000 prazas públicas, case mil na oferta pública de emprego (OPE) sanitaria, en cuxos baremos terán "un plus" quen prestasen servizos no marco da pandemia ou traballado en hospitais comarcais e centros de saúde do rural. Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, Feijóo recoñeceu que a crise sanitaria da covid-19 está a condicionar a convocatoria e ratificou que "todo parece indicar" que no que resta de 2020 non se celebrarán este tipo de procesos. Non en balde, explicou que está acordado "avisar como mínimo cun mes" de marxe e engadiu que a intención da Xunta é dar tempo aos opositores para que poidan dar un último "repaso" ao temario e que teñan "sorte" no exame. Feijóo remarcou que a oferta é "histórica" en todos os seus termos e lembrou que, debido á pandemia, xa houbo que trasladar ao ano 2021 a de 2020 de educación. "En canto á de sanidade, a de 2020 ímola a facer nalgunhas categoríasa coa OPE de 2021 e noutras, no caso de que aínda estea sen convocar, coa de 2019. A nosa intención é facer unha operación acordeón e agrupar", indicou. "Espero que en 2021 podamos dar conta da OPE de educación, sanidade e administración xeral", resolveu.

12 nov 2020 / 17:06
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.