Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Galicia pide accións para paliar o impacto da suba da luz no sector do mar

industria. O Parlamento de Galicia aprobou este martes por unanimidade unha proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno central unha liña de actuación específica destinada a paliar o impacto da suba do prezo da enerxía eléctrica nas empresas da industria do mar, ao tempo que se pide á Xunta que manteña as axudas destinadas a empresas de transformación e acuicultura para proxectos de mellora da eficiencia enerxética.

O deputado popular, José Manuel Balseiro, lembrou que a factura da luz de 2021 aumentou un 41% respecto a 2020, “poñendo contra as cordas a economía das familias, a rendibilidade das empresas e dos autónomos, pero especialmente daquelas industrias que teñen unha alta dependencia do consumo de electricidade, como son as empresas de transformación de produtos pesqueiros e de acuicultura”.

Así, apuntou que “a problemática da factura eléctrica acentúa a complicada situación que xa estaban a sufrir moitas destas empresas” pola pandemia, lamentando que, “nun momento no que é preciso impulsar a recuperación social e económica tras o efectos da covid-19, a falta de reacción do Goberno central para controlar o prezo da luz ameaza ás industrias do mar”. ecg

19 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.