Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Galicia suma medios humanos e tecnolóxicos para detectar lumes

O Concello de Monterrei acolleu unha maniobra de demostración con drons para loitar contra os incediarios// A UIFO protagonizará un importante papel

Galicia “suma sinerxias nos montes galegos” co despregamento de medios humanos e tecnolóxicos para detectar condutas e presuntos incendiarios, segundo destacou este xoves o conselleiro de Medio Rural, José González.

O titular desta consellería, acompañado do director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, e do delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, desprazouse ata o concello ourensán de Monterrei para supervisar unha maniobra conxunta de demostración dos traballos de vixilancia e disuasión nos montes galegos por medio de drons e outros aparellos non tripulados. No acto tamén participou o xeneral Luis Cortés, xefe da Brilat e da Operación Centinela Gallego.

Neste senso, José González advertiu que a Xunta está a sumar sinerxías co despregamento de medios humanos e tecnolóxicos na comunidade galega co obxectivo de manter o terreo vixiado e para poder detectar así todas as presuntas conductas e individuos incendiarios. Sinalou que “son moitos os ollos -humanos e tecnolóxicos- que temos sobre o terreo para anticiparnos aos lumes” e advertiu aos incendiarios dos montes, que se continuarán intensificando os esforzos “para que caia sobre eles todo o peso da lei e para que teñan que afrontar, tamén, os gastos de extinción dos incendios” sinalou González.

Así, o conselleiro lembrou que o Goberno galego conta actualmente con un total de 12 drons para realizar tarefas de vixilancia, prevención e detección de incendiarios. A estes hai que sumarlles os que aporta o Exército, dentro da Operación Centinela Gallego. Ademais, o titular de Medio Rural, subliñou tamén que máis do 70 por cento do territorio galego está vixiado mediante cámaras de última xeración, coas que incluso se poden ver condutas incendiarias e ata matrículas dos vehículos ao lonxe.

Nesta liña, José González advertiu que, ademais de medios tecnolóxicos, tamén están despregados medios humanos ao longo de toda a superficie do territorio galego, repartidos entre os efectivos do Servizo de Prevención e Defensa contra incendios da Xunta (SPIF) e tamén a través das patrullas a cabalo das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e as do Exército, que fan unha importante labor disuasoria, así como tamén de prevención.

Unha labor, engadiu o conselleiro, que se ve complementado coa colaboración doutras administracións, efectivos de Emerxencias e Protección Civil así como da propia cidadanía, que ten á súa disposición o teléfono 085 para avisar dos lumes e o 900 815 085 para informar de posibles actuación delituosas incendiarias en caso de que sexan testemuñas dun posible caso nos montes.

Precisamente, matizou o titular de Medio Rural, quegrazas a todo ese esforzo de medios humanos e materiais, o 87 por cento dos incendios rexistrados nesta tempada de alto risco quedaron en conatos, o que evidencia a profesionalidade de todos os medios implicados na loita contra os lumes tanto na detección como na extinción dos mesmos.

Investigación de incendios Así, todos estes lumes, engadiu José González, son investigados polo SPIF para aclarar as causas de cada un dos que acontecen nos montes -e así poder atallalas con maior eficacia- e loitar contra a actividade delituosa incendiaria que se está a producir na comunidade.

Neste senso, o conselleiro puxo en valor a Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO), creada este ano, que está integrada por 15 membros da escala de axentes ambientais desvinculados das tarefas de extinción e que se dedican especificamente á investigación dos incendios e do que envolve a estes fenómenos.

Así, o conselleiro resaltou que, grazas a esa dedicación en exclusiva, a UIFO pode focalizar o seu labor naquelas zonas do territorio máis afectadas en períodos de alto risco ou en situación de alta actividade incendiaria. Neste mesmo sentido, o titular de Medio Rural destacou que outras vantaxes desta unidade teñen que ver coa especialización de todo o seu persoal tanto no propio traballo sobre o terreo como na tramitación administrativa e xudicial dos procedementos, así como a posibilidade de deseñar e impartir unha formación especializada en materia de investigación sobre incendios forestais aos diferentes colectivos para promover a impotancia dos montes.

Ampliación e mellora da base aérea antiincendios de Muíños
Aumentarán a zona e construirán unha nova instalación para dúas brigadas de terra

Ourense. A Xunta mellorará e ampliará a base aérea antiincendios de Muíños, en Ourense, segundo anunciou conselleiro do Medio Rural, José González. Nunha visita a estas instalacións, González destacou que esta é a base “de referencia” para a defensa do Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés e que acolle un helicóptero coa súa correspondente brigada.

Cara o futuro inmediato, o conselleiro sinalou que está previsto ampliar o perímetro da base, quintuplicando a súa superficie útil, ao pasar dos 9.000 metros cadrados que abrangue hoxe en día a 45.000 metros cadrados Esta mellora suporá tamén a construción dunha nova instalación para dúas brigadas de terra que reforzarán a presencia de medios de extinción no entorno da base.

José González enmarcou esta iniciativa nas melloras constantes que se fan, por parte da Xunta, nas infraestruturas de loita contra o lume en toda Galicia e en particular no sur da provincia ourensá. Así, mencionou os traballos que se están a realizar na nave que albergará a nova sede do distrito forestal de Verín-Viana, unhas instalacións que acollerán a 95 profesionais e varios vehículos.

Ademais, mencionou o impulso á iniciativa Interlumes, que permitirá a posta en funcionamento, tamén en Verín, da primeira base transfronteiriza de medios aéreos contra o lume, cun investimento de máis de nove millóns de euros. Así mesmo, o conselleiro puxo en valor o futuro Centro integral para a loita contra o lume que se situará na localidade ourensá de Toén. ECG

19 ago 2021 / 22:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.