Santiago
+15° C
Actualizado
domingo, 19 septiembre 2021
17:36
h

García Comesaña advirte: “A desescalada está en perigo”

Pecharanse a partir da medianoite parques, prazas e praias para evitar os botellóns. O conselleiro de Sanidade afirma que “non se pode asociar o incremento de casos á apertura do ocio nocturno”

Este es la plantilla de ECG
13:20 h.

Remata a rolda de prensa

    Este es la plantilla de ECG
    13:16 h.

    Probas PCR sen cita previa

      O feito de que nestes intres sexa a poboación nova a máis afectada polos contaxios, fai que Sanidade estude a posibilidade de que a poboación de menor idade poida presentarse a realizar a proba do COVID de xeito voluntario, aínda que non fora citada.

      Este es la plantilla de ECG
      13:11 h.

      "Non se pode asociar o incremento de casos á apertura do ocio nocturno"

        García Comesaña responde, a preguntas dos xornalistas, que "non se pode asociar o incremento de casos á apertura do ocio nocturno, senón á concentración non permitida de persoas sen máscaras, sen distancia e bebendo nas rúas, e ás viaxes a outras comunidades autónomas".

        Este es la plantilla de ECG
        13:07 h.

        Aposta polo ocio seguro

          García Comesaña sinala que a Xunta segue a apostar polo ocio, pero por un ocio seguro. Insiste en que os botellóns están prohibidos, e lamenta que continúe a súa práctica.

          Este es la plantilla de ECG
          13:05 h.

          Certificado de vacinación nas farmacias

            A partir de mañá xoves, os cidadáns poderán recoller nas farmacias o certificado de vacinación. Ademais poderase pedir o certificado dixital a través do teléfono habilitado para o COVID, o 900400116. O solicitante recibirá un SMS para poder descargalo.

            Este es la plantilla de ECG
            13:01 h.

            Sistema de autocita

              Segundo os datos do conselleiro, grazas ao sistema de autocita para pedir a vacinación, a Xunta recibiu máis de 671 solicitudes por parte de estudantes Erasmus. Seguen traballando, apuntou, na recompilación de datos destes alumnos. Aclara que estanse vacinando persoas doutras comunidades autónomas, coa condición de Erasmus en Galicia. Esta mañá ademais abriuse a autocita para os maiores de 50 anos pendentes aínda da primera dose, e levan xa 810 solicitudes.

              Este es la plantilla de ECG
              12:57 h.

              Adiántanse as segundas doses de AstraZeneca

                Confirma o conselleiro que entre este domingo e o luns serán vacinados casi 90.000 galegos pendientes da segunda dose de AstraZeneca, adiantando a vacina a entre 8 e 10 semanas fronte ás 12 previstas inicialmente. 

                Este es la plantilla de ECG
                12:56 h.

                Cinco concellos ourensáns teñen xa a inmunidade de rebaño

                  O conselleiro detalla que hai xa máis de 1.330.000 galegos coa pauta completa de vacinación. Esta semana "chegaremos aos 3 millóns de doses administradas en Galicia". Hai 5 concellos galegos con máis do 70% da poboación vacinada e que polo tanto terían a chamada inmunidade de rebaño. Trátase dos municipios ourensáns de Chandrexa de Queixa, Larouco, San Xoán de Río, Parada de Sil, Vilar de Barrio e A Teixeira.

                  Este es la plantilla de ECG
                  12:47 h.

                  A xente nova "tamén pode rematar na UCI con ventilación mecánica"

                    O doutor Pedro Rascado, da UCI da área sanitaria de Santiago, chama a atención polo aumento da incidencia e o feito de que agora o maior número de casos sexa entre a xente nova. Incide en que esta xente "tamén pode ter complicacións graves, ingresando en hospitais, e ingresando en UCI precisando de ventilación mecánica". Advirte tamén das complicacións crónicas do COVID. Reitera que, malia ás vacinas, "non hai risco cero", polo que non se pode minimizar a situación actual. É preciso, di, "seguir sendo prudentes". Pide que a xente que sexa chamada aos cribados acuda a eles, porque controlar de xeito precoz tódolos casos permitirá controlar a transmisión do COVID. O doutor apela unha vez máis á responsabilidade individual para atallar a situación. Cre que sairemos desta situación nuns meses con vacinas e prudencia. Sen as dúas, non será posible.

                    Este es la plantilla de ECG
                    12:41 h.

                    Repaso da situación sanitaria

                      O xerente do Sergas, José Flores, repasa a situación asistencial de Galicia no tocante ás Urxencias, ao 061 e á ocupación hospitalaria, destacando que polo momento se manteñen as cifras das últimas semanas, sen incrementos preocupantes. O que si preocupa, admite, é a idade media dos pacientes ingresados por COVID.

                      Este es la plantilla de ECG
                      12:37 h.

                      A variante delta vai gañando terreo

                        A directora xeral de Saúde Pública explica que a día de hoxe os casos da variante alfa, a británica, baixaron ao 63%. Hai, dixo, 796 casos desta variante con secuenciación completa. A estes hai que sumar 187 casos da variante delta, a india, 45 deles con secuenciación completa. Ademais hai 112 mostras en estudio.

                        Este es la plantilla de ECG
                        12:33 h.

                        Maior incidencia na poboación de 12 a 29 anos

                          Alerta Carmen Durán de que a día de hoxe o segmento de poboación con maior incidencia de casos COVID en Galicia, seguindo a tendencia do resto de España, é o comprendido entre 12 e 29 anos.

                          Este es la plantilla de ECG
                          12:32 h.

                          Pontevedra é a área sanitaria con máis incidencia e Santiago a que menos

                            Carmen Durán, directora xeral de Saúde Pública, explica que nestes intres hai 124 concellos sen casos nos últimos 14 días, un 25% menos que hai unha semana, e a 7 días hai 143 concellos, un 29% menos. Sinala que se produciu ademais un incremento importante da incidencia acumulada: a 14 días está en 98 casos por 100.000 habitantes, e a 7 días en 62 casos. Aínda así, sinala, Galicia segue moi por debaixo da media española, que é de 225 casos a 14 días. A taxa de positividade está xa no 4,6% fronte ao 2,51 da semana pasada. Non hai ninguna área sanitaria en Galicia por debaixo do 3%. Pontevedra é a área sanitaria con maior incidencia, con 119 casos por 100.000 habitantes a 7 días, e a de Santiago a que menos, con 32.

                            Este es la plantilla de ECG
                            12:25 h.

                            A vacina "non exime de coller o virus"

                              As persoas vacinadas tamén deben respectar as normas antiCOVID. A vacina, reitera, "non exime de coller o virus". Engade ademais que "a xente máis nova contáxiase, contaxia e poder requerir periodos moi longos de convalecencia".

                              Este es la plantilla de ECG
                              12:23 h.

                              Ocio nocturno aberto pero con probas PCR

                                Confirma García Comesaña que o ocio nocturno seguirá aberto, se ben se obrigará a realizar test PCR ás persoas que queiran acudir a algún local daquelas cidades que teñan un nivel alto de restricións. O test terá que ser realizado 48 horas antes, e con resultado negativo.

                                Este es la plantilla de ECG
                                12:22 h.

                                Peche nocturno de parques, prazas e praias para evitar botellóns

                                  Outra das medidas acordadas polo comité clínico pasa por precintar a partir da medianoite parques, prazas e praias, para evitar as concentracións de mozos para facer botellóns que, lembra o conselleiro, están prohibidos.

                                  Este es la plantilla de ECG
                                  12:19 h.

                                  Intensificaranse os cribados na poboación de 18 a 35 anos

                                    Anuncia o conselleiro que se vai incrementar a capacidade diagnóstica das áreas sanitarias, con especial atención á xente de 18 e 35 anos. Intensificaranse os cribados e poñeranse puntos de tomas de mostras sen cita previa. Pide que a xente nova acuda a estes cribados, porque nestes momentos a porcentaxe de asistencia neste grupo de poboación, é baixo. Lembra a colaboración das oficinas de farmacia na realización de probas PCR.

                                    Este es la plantilla de ECG
                                    12:17 h.

                                    Restricións nos concellos 

                                      Na reunión de onte do comité clínico estableceuse o nivel alto de restricións para os concellos de Sarria, Cambados, A Illa de Arousa, Vilanova de Arousa e Vilagarcía de Arousa. Ademais, as medidas do nivel medio serán de obrigado cumprimento nos concellos de Culleredo, Ribadavia, Ourense, Barbadás, Caldas de Reis, Poio, Pontevedra, Marín, Redondela e Salceda de Caselas. Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro sábado, 10 de xullo.

                                      Este es la plantilla de ECG
                                      12:15 h.

                                      Na UCI mozos de 30 e 38 anos

                                        Julio García Comesaña confirma que hai na UCI persoas de 30 e 38 anos con COVID, e hospitalizados en planta mozos de 29, 31 e 34 anos.

                                        Este es la plantilla de ECG
                                        12:14 h.

                                        215 contaxios polo gromo de Baleares

                                          Repaso o conselleiro as cifras derivadas do gromo de Baleares. Explica que hai 38 persoas contaxiadas na Coruña, 17 en Lugo, 4 en Ourense, 144 en Pontevedra e 12 en Vigo. Son en total 215 persoas. Hai ademais 173 persoas corentenadas. 

                                          Este es la plantilla de ECG
                                          12:11 h.

                                          A desescalada "está en perigo"

                                            O conselleiro de Sanidade recoñece a preocupación da Xunta polo notable incremento de casos en Galicia. Incide en que o virus non está vencido e en que é necesario tomar as medidas de precaución xa coñecidas. Admite Julio García Comesaña que cos datos actuais, "a desescalada está en perigo". É "un momento novo, complicado, cunha foto diferente".

                                            Este es la plantilla de ECG
                                            12:10 h.

                                            Comeza a rolda de prensa

                                              07 jul 2021 / 11:33
                                              • Ver comentarios
                                              Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
                                              TEMAS
                                              Tema marcado como favorito
                                              Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.