Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 27 noviembre 2021
13:23
h

Hablamos Español recorre ante o TSXG a ordenanza lingüística da Coruña, que tacha de "enxeñaría social"

Lembran que o Tribunal do País Vasco, ante un recurso de Vox, elevou unha cuestión similar ao Constitucional

A asociación Falamos Español recorreu ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) a ordenanza de usos lingüísticos do Concello da Coruña, posto que a consideran "un proxecto de enxeñaría social para cambiar a lingua das persoas".

Nun comunicado, a asociación sinalou que os regulamentos de uso do galego dos concellos de Galicia "discriminan" ás persoas que prefiren usar e ser atendidas en español e "son un exemplo do monolingüismo" e de "falta de respecto á cooficialidade lingüística".

Respecto da ordenanza coruñesa, Falamos Español considera que, no seu preámbulo, "cuéstionase a condición de verdadeiros galegos a quen teñen como lingua propia o español".

"O texto é unha sucesión de artigos nos que se exclúe o uso oficial do español e erradícase da vida municipal, e mesmo se propón restrinxilo no ámbito privado", asegura a asociación, que incide en que, ademais de "establecer o galego como lingua de todo o visible e invisible", ditamínase que "o Concello irá máis aló e actuará sobre todos os ámbitos da sociedade".

No recurso tamén piden ao TSXG que eleve ao Tribunal Constitucional (TC) unha cuestión de inconstitucionalidade contra a Lei de Administración Local de Galicia, xa que --segundo sinalan-- o seu artigo 7, "no que se basean nos concellos para redactar estas ordenanzas que atentan contra a plena oficialidade do español", ten visos de inconstitucionalidade por tal motivo.

A este respecto destacan que o Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco (TSJPV) ante un recurso de Vox, elevou unha cuestión dese tipo ao Constitucional, ao considerar que "dota ao eúscaro dunha supremacía exorbitante respecto ao español", polo que solicitou ao TC que determine se ese artigo vulnera o "equilibrio" que, "segundo a Constitución, ha de garantirse entre as linguas cooficiais do Estado", lembran no comunicado. EUROPA PRESS

23 sep 2021 / 10:44
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.