Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 07 febrero 2023
12:02
h
Aniversario. Autoridades e veciños lembraron ós voluntarios que “formaron parte dunha comunidade de perdedores, chamados esta vez a gañar”, afirmou a alcaldesa // A ministra Isabel Rodríguez felicitou a pescadores e mariscadores por ser os primeiros en arremangarse para limpar a costa TEXTO José M. Ramos

Homenaxe ós heroes en Camariñas

Dúas décadas despois da maior traxedia medioambiental de Galicia, provocada polo petroleiro Prestige, en Camariñas renderon unha homenaxe “ás ducias de miles de voluntarios que foron os auténticos heroes daqueles días”, segundo afirmou a alcaldesa, Sandra Insua, nun acto ao que se sumaron a ministra de Política Territorial e portavoz do Goberno, Isabel Rodríguez; o delegado do Goberno, José Miñones; a subdelegada, María Rivas; e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González, entre outros.

Baixo o lema Marea Branca 2002-2022, no encontro, no que tamén participaron numerosos veciños e veciñas, a ministra Isabel Rodríguez, amosou, no nome do Goberno de España, o agradecemento “a pescadoras y mariscadores, de Camariñas y del resto de municipios afectados” por ser “los primeros en arremangarse para limpiar la costa”.

Asegurou ademais que “hoy estamos mejor que hace 20 años en conciencia social y política, con más medios y recursos, con más experiencia y con respuestas ante las crisis. A este Gobierno le ha tocado gestionar varias y, cuando se presenta un problema la obligación de las instituciones públicas es dar la cara, tender la mano y ofrecer soluciones”. Subliñou que a conciencia ecoloxista xurdida trala catástrofe do Prestige “es hoy una política de Estado”.

Das melloras experimentadas, a ministra destacou a prohibición de buques monocasco para o transporte de petróleo, así como a creación da Unidade Militar de Emerxencias. E quixo rematar a súa intervención coa palabra “lembranza, el recuerdo, la memoria. Para que los vecinos no vuelvan a sentirse solos. Para que esto no vuelva a suceder. Lembranza. Nunca Máis”.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín García, reivindicou a “lección de dignidade e solidariedade da cidadanía” cunha “exemplar resposta” de miles de voluntarios que chegaron á costa galega desde todos os puntos de Galicia e España e retiraron miles de toneladas de fuel das prais e cantís.

Asegurou que da catástrofe “aprendimos leccións como que alonxar os problemas non fai que desaparezan. Un Goberno debe afrontalos”. Comparou “a manipulación e a mentira” dos que, mentres o chapapote cubría o mar, “negaban a marea negra e falaban de hillos de plastilina ou galletas de fuel” coa recente xestión da pandemia na que o Goberno “deu a cara, a pesar de ter que tomar a decisión máis difícil da historia do pais: confinar á poboación, parar todo o sistema produtivo e centrar os esforzos en reforzar a sanidade pública”.

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, lembrou que “os voluntarios viñeron, limparon e formaron parte de nós, dunha estraña comunidade de perdedores, chamados esta vez a gañar”. Salientou que a Costa da Morte foi aquel 13 de novembro e os días posteriores, “un lugar de persoas de vontade, de capacidade para o traballo, para defender o que somos, para ensinar a outros o que significan as palabras solidariedade, voluntariado, apoio...”

Para ben ou para mal, engadiu, “España e o mundo descubriron que existía un lugar lonxano cheo de vida, con nome de morte, un lugar mal comunicado, sen medios, distante, pero sumamente fermoso, que valía a pena que fose salvado”.

Os logros
Un Parador e unha autovía

··· O acto tamén serviu para avaliar os logros acadados. A acaldesa de Camariñas sinalou que “gañamos un Parador para Muxía e un tramo de auovía que nos achega algo á Coruña, pero perdemos moito tempo e oportunidades para recurtar a fenda que nos separa doutros lugares con máis medios e oportunidades”.

··· A ministra Isabel Rodríguez subliñou a aprobación da Lei de Pesca Sostible, que aspira a reforzar os vínculos entre a actividade pesqueira e a ciencia para garantir a conservación do medio mariño e o desenvolvemento dunha actividade rentable. O Goberno favorecerá tamén a xubilación anticipada de mariscadores e redeiras, colectivos de máis de 5.000 persoas en Galicia.

14 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.