Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Inversión superior aos 5 millóns de euros en sistemas multimedia nos centros sanitarios

O orzamento adícase á posta en marcha das tecnoloxías para a xestión de quendas e esperas

    Santiago. A Xunta de Galicia vén de licitar a contratación para a subministración, configuración, posta en marcha e instalación de puntos de información multimedia e pantallas de visualización para sistemas multimedia de xestión de quendas e esperas (SMGTE) para centros sanitarios. O orzamento previsto para esta contratación é de 1.556.345 euros.

    En concreto, o obxecto desta licitación son 150 puntos de información multimedia e 600 pantallas de visualización, pasando a ter instalado este sistema en 75 novos centros. Tras a pandemia xerada pola covid, quedou demostrado que se deben regular os aforos en interiores, polo que o SMGTE, é unha peza chave no funcionamento dos fluxos dos pacientes nas salas de espera.

    Cos SMGTE protocolízase a circulación dos usuarios que acoden aos centros sanitarios, optimízase a xestión das consultas e facilita a información ao paciente relativa á súa quenda para o acceso aos servizos sanitarios, garantindo en todo momento a súa privacidade. A través deste sistema, regularase que o paciente chegue á súa hora á sala de espera e evitar así as masificacións na salas, dado que non poderá sacar a súa quenda ata a hora da súa consulta.

    Esta licitación é susceptible de financiamento ao 100% no marco do Eixo REACT-UE do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da covid-19.

    As empresas interesadas poden presentar ofertas ata o 27 de setembro. Toda a información sobre esta contratación, pode consultarse no seguinte enderezo web: www. contratosdegalicia.gal/licitacion.

    A sanidade galega conta con nove grandes centros de procesos de datos, ten máis de 200 aplicacións informáticas diferentes,almacena máis de 2 petabytes de información e xestiona máis de 24.000 ordenadores 2.200 servidores e 5.300 equipos. ECG

    31 ago 2021 / 00:35
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    TIC
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.