Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Lence apela ó espírito de superación que ten Leche Río para vencer á crise

O grupo conta con 450 traballadores e é a única firma galega no top 10 das compañías leiteiras

A conselleira delegada de Leche Río, Carmen Lence, salientou a vocación de permanencia en Galicia das empresas familiares durante a súa intervención no ciclo de conferencias da Cátedra de Empresa Familiar da Universidade da Coruña (UDC), onde apelou ao “espírito de superación” da láctea fundada hai máis de 50 anos polo seu pai, Jesús Lence. Hoxe é a única empresa galega entre as 10 compañías leiteiras españolas. “Leche Río non só ten que sobrevivir, senón triunfar, porque marca a diferenza non só para os traballadores, para Lugo e para Galicia, senón tamén para España e Europa”, sinalou a empresaria nunha comparecencia que seguiron máis de 300 universitarios galegos en presencial e online.

A compañía ten os seus tres centros de produción en Galicia, emprega a 450 persoas e traballa con 450 ganderías, o 75 % de tamaño mediano e pequeno. É a sexta transformadora de leite en España e a terceira que máis leite recolle na comunidade, por detrás de dúas compañías estatais, e seguida de varias estranxeiras. Como exemplo da vocación de continuidade e permanencia na comunidade, Lence destacou que Leche Río investiu 18 millóns de euros nos últimos dous anos en melloras de sustentabilidade, eficiencia, calidade e ambientais. Salientou o acordo de colaboración con Norvento e Agroamb para para crear unha planta de biogás en Lugo a partir de residuos propios e recollidos das ganderías.

Leche Río emprega directamente a 450 persoas en Galicia e traballa con 450 ganderías do rural galego, o 75 % de tamaño mediano e pequeno. “Mercamos o leite directamente ás ganderías, que tamén son empresas familiares, porque un dos nosos obxectivos é apoiar ao rural e impulsar a eficiencia das explotacións, cun leite que se pague a un prezo xusto”, explicou Lence, quen fixo fincapé no compromiso coa sustentabilidade económica da empresa, que establece contratos anuais cos gandeiros e unha remuneración superior á media galega.

As cátedras de empresa familiar en Galicia

O ciclo de conferencias das cátedras de empresa familiar, que dirixe Berta Rivera, continuará a vindeira semana coa participación do presidente de Grupo Altia, Tino Fernández, que abordará a internacionalización da empresa. As cátedras de Empresa Familiar das universidades galegas teñen por obxecto a transferencia de coñecemento sobre as características diferenciais das compañías familiares e as súas problemáticas, a través de sinerxias entre o mundo empresarial e o académico. Para este fin, contan cunha rede propia de alumnos, empresarios, docentes e investigadores.

“As empresas familiares representan o 92,4% do tecido empresarial de Galicia e aportan preto de 400.000 empregos”, lembra a directora da cátedra. A Asociación Galega da Empresa Familiar, entidade impulsora das cátedras, está integrada polas 57 principais compañías con sede social e fiscal en Galicia.

16 abr 2021 / 19:03
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.