Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 03 agosto 2021
14:12
h

Lista dos 1.234 aprobados na selectividade extraordinaria en Galicia

Foron aptos o 72,29 por cento dos presentados á parte obrigatoria

SANTIAGO. A proba extraordinaria de xullo da Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU), o que se vén chamando Selectividade, rexistrou 1.234 aptos na parte obrigatoria, que supoñen o 72,29% dos presentados. A Comisión Interuniversitaria de Galicia (CiUG) informa que o total de matriculados na ABAU extraordinaria foron 2.637, dos que 2.432 se presentaron á parte obrigatoria ou á parte voluntaria. Houbo 2.637 inscritos, cifra que inclúe os que superaron o Bacharelato na convocatoria extraordinaria, os que suspenderon a selectividade ordinaria e os que se presentaron para subir nota na parte específica. Este mércores publícanse as notas provisionais e abrirase un periodo de revisión de notas.

21 jul 2021 / 18:59
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.