Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Máis de 25.000 aspirantes a docentes

a causa do covid-19

Un total de 25.149 persoas solicitaron a súa inscrición nas oposicións convocadas pola Consellería de Educación para as 2.354 prazas convocadas en 97 especialidades diferentes. O chamamento atinxe aos corpos de mestres e de profesores de ensino secundario, de escolas oficiais de idiomas, de música e artes escénicas, de artes plásticas e deseño, de técnicos de formación profesional e mais de inspectores de educación.

A convocatoria pertence a 2020, ainda que o proceso selectivo vaise celebrar en 2021 ao ser adiado a raíz da pandemia producida pola pandemia do covid-19. O resto das prazas (1.300), para o acceso ao corpo de catedráticos, foron convocadas para onte mesmo e consisten nun concurso de méritos e non levan aparelladas un exame.

No corpo de mestres anotáronse un total de 9.381 persoas para 747 prazas, das que son libres 695 e 52 reservadas a persoas con discapacidade, para 8 especialidades. En Educación Infantil foron 3.015 inscritos e 140 postos, o que supón 21 aspirantes por cada un (10 para 51 dos reservados) e en Primaria 2.303 por 91 cadeiras, é dicir, que hay unha praza por cada 25 persoas. Contrasta o promedio coas solicitudes para mestres de Inglés (8,8 para cada posto) e moito máis de Francés, para o que se presentarán só 3 persoas por praza.¡

Para profesores de Ensino Secundario anotáronse un total de 11.132 para 1.041 prazas. Chama a atención o solicitada que está a materia de Inglés (á que se presentan 914 aspirantes para 19 postos, o que supón 48 persoas para cada praza libre), mentres para Francés hai 10 futuros docentes por cada posto e de Grego ou Latín son 4.

Sen embargo, a materia con máis inscritos é a de Xeografía e Historia para a que se presentaron 1.094 aspirantes para 48 prazas, é dicir, case 23 personas optarán por cada posto dos convocados para impartir as clases. Despois está Tecnoloxía (421 para 11 persoas), con máis de 38 aspirantes para cada unha, e Bioloxía e Xeoloxía, á que se presentan 788 persoas para 31 prazas (unha media de 25 persoas). Pola contra, en Procesos e Productos de téxtil, confección e pel, só hai algo máis de 3 persoas para cada unha das 5 prazas ás que optan 16 anotados.

Para o corpo de profesores técnicos de Formación Profesional, ofértanse 363 prazas en 24 especialidades ás que se anotaron 2.816 aspirantes. De estas, 25 están reservadas a persoas con discapacidade (83 inscritas) e 2.733 son libres (338 anotados). En FP tamén hai variedade e a Servizos á Comunidade concurren 475 para 25 futuros docentes (19 por praza), pero a Producción de artes gráficas concorren 38 persoas para 13 postos, o que supón algo menos de 3 aspirantes por cada un.

Ás escolas oficiais de idiomas 263 futuros docentes competirán por 68 prazas de catro especialidades; para Música e Artes Escénicas, serán 830 inscritos para 85 prazas de 20 especialidades. En Artes Plásticas e Deseño serán 40 postos e 563 inscritos e ao corpo de inspectores aspiran 164 persoas a 10 postos.

23 jun 2020 / 23:43
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.