Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Máis de vinte empresas da área de Compostela contan co certificado de excelencia que dá Galicia Calidade

Xoiaría Isabel Suárez, O Xardín de Julia e ‘Berberecho de Noia’ son as novas incorporacións ao selo galego

Galicia Calidade é a marca de garantía que avala unha calidade nos produtos ou servizos que, pola súa elaboración en Galicia ou a súa materia prima e deseño galegos merecen esta distinción. O selo, que certifica unha ampla gama de produtos en diferentes sectores como a pesca, a artesanía, a xoiaría, o turismo ou a biomasa entre outros, converteuse nunha referencia de confianza para os consumidores, xa que representa un compromiso coa excelencia. Galicia Calidade representa tamén a aposta da Administración galega pola innovación, a sustentabilidade e a competitividade nos mercados internacionais máis esixentes. Como sociedade pública, esíxeselles ás empresas certificadas que apliquen estritos controis homologados para garantir así a calidade dos seus produtos e servizos. A súa misión é promocionar os artigos distinguidos con este selo, tanto pola súa calidade como pola súa orixe. Tres novas empresas asociáronse con Galicia Calidade recentemente, Xoiaría Isabel Suárez, O Xardín de Julia, e a Confraría de Pescadores San Bartolomé de Noia, o que quere dicir que foron certificados mediante auditorías.

Máis de vinte empresas da área de Compostela contan co certificado de excelencia que dá Galicia Calidade

XOIARÍA ISABEL SUÁREZ

Isabel Suárez creou a súa primeira tenda mentres acababa a licenciatura en Dirección e Administración de Empresas, comezou creando as súas propias pezas a petición da súa clientela, o que finalmente lle deu éxito. Isabel Suárez deseña e fabrica as súas pezas utilizando os procesos máis tradicionais e artesanais no seu taller da Coruña, traballando cos materiais máis nobres, ouro de 18 quilates, prata de lei e pedras preciosas naturais: diamantes, rubíes, zafiros... Na súa xoiaría situada na rúa Xeneral Pardiñas de Santiago de Compostela, pódense atopar deseños que representan sentimentos, autenticidade e liberdade.

______________________________________________________________________

Máis de vinte empresas da área de Compostela contan co certificado de excelencia que dá Galicia Calidade

O XARDÍN DE JULIA

O Xardín de Julia é un hotel situado no corazón de Santiago de Compostela, construído nun antigo edificio de pedra recentemente reformado. É a opción perfecta para gozar de todo o que ofrece a capital de Galicia. Situado a 500 metros da Catedral, é o sitio perfecto para aloxarse e percorrer os recunchos do centro histórico da cidade. O hotel conta cun salón de reunións a través do cal podes acceder a un xardín traseiro, que é o selo de identidade que dá nome ao hotel, un espazo verde onde desconectar ao transportarte a outro tempo.

______________________________________________________________________

Máis de vinte empresas da área de Compostela contan co certificado de excelencia que dá Galicia Calidade

CONFRARÍA DE PESCADORES SAN BARTOLOMÉ DE NOIA

Trátase dunha corporación de dereito público que ten como ámbito territorial os concellos de Noia e Outes, son os produtores da marca ”Berberecho de Noia”, que é un distintivo para diferenciar os berberechos capturados nas autorizacións e concesións recollidas no Plan de Explotación para autorizacións de marisqueo a pé e marisqueo á boia. Esta marca garante que o produto foi capturado na ría de Noia con artes de pesca artesanais e sustentables, e por suposto, capturado no seu momento óptimo de consumo. Trátase ademais da única confraría en Galicia que conta cun criadeiro propio, o que lle permite garantir a trazabilidad dos seus produtos.

______________________________________________________________________

Á parte destas 3 novas incorporacións, hai numerosas empresas na área de Compostela cuxos produtos ou servizos contan coa certificación e o selo de Galicia Calidade:

Galicia Calidade certificou os melindres, ricos e amendoados da Tahona de Melide
Galicia Calidade certificou os melindres, ricos e amendoados da Tahona de Melide

TAHONA DE MELIDE

Esta panadaría leva desde 1930 facendo pan e outros doces típicos de Melide. Aínda conservan o seu vello forno de pedra, cando a maioría de panadarías teñen xa todo o proceso mecanizado. Optan por unha fariña con marca propia e de calidade traída de Zaragoza, e non fariña de grandes multinacionais como é común que suceda hoxe en día. Aínda que o que fixo que obtivesen o selo de Galicia Calidade foi o modo de elaboración dos doces. Os ricos, que son típicos de Melide, os amendoados e os melindres.

______________________________________________________________________

Máis de vinte empresas da área de Compostela contan co certificado de excelencia que dá Galicia Calidade

A PARADA DAS BESTAS

A Parada das Bestas é un aloxamento rural levantado sobre unha antiga casa de labranza do século XVIII en Pidre, Palas de Rei, ao pé do Camiño de Santiago. A Casa Vilasante é o lugar perfecto para aloxarse debido á contorna rural inigualable e ao encanto e carácter rústico. Ademais, María Varela, propietaria xunto a Suso Santiso, é a encargada de crear maxia na cociña fusionando receitas tradicionais con técnicas vangardistas.

______________________________________________________________________

Máis de vinte empresas da área de Compostela contan co certificado de excelencia que dá Galicia Calidade

A PEMENTEIRA

A Pementeira é unha sociedade agrícola dedicada á produción, envasado e comercialización do pemento de Herbón. Contan cun equipo novo que ofrece ao cliente un produto de primeira calidade desenvolvendo un sistema eficiente de produción e comercialización. Este proxecto colectivo de agricultores, quere producir, envasar e distribuír pemento amparado pola Denominación de Orixe Protexida Pemento de Herbón.

______________________________________________________________________

Máis de vinte empresas da área de Compostela contan co certificado de excelencia que dá Galicia Calidade

ADEGA VALDÉS

Adega Valdés reflicte a vocación e traballo da familia Valdés, propietaria de vinte hectáreas de viñedos ás beiras do río Ulla. No ano 2001, coa ampliación da Denominación de Orixe Rías Baixas a esa zona, fúndase a actual adega, que une tradición familiar coas máis vangardistas técnicas de elaboración vitivinícola. Os seus viños responden a un traballo serio, apostando pola calidade e o bo facer na elaboración dos mesmos.

______________________________________________________________________

Máis de vinte empresas da área de Compostela contan co certificado de excelencia que dá Galicia Calidade

AVÍCOLA TRATANTE

Avícola Tratante é unha empresa cuxo obxectivo é ofrecer aos seus clientes o mellor servizo e o ovo máis fresco e de maior calidade do mercado. Posúe unhas modernas instalacións tanto de produción como de distribución, clasificación, envasado e expedición de ovos, o cal permite dar a máxima calidade e frescura dos seus produtos. Para realizar a distribución, Avícola Tratante conta a súa propia frota de vehículos isotermos. A calidade do produto é un obxectivo fundamental, polo que existe un estrito control sanitario. O sistema de xestión da seguridade alimentaria está certificado conforme á normativa de IFS (International Food Standar). A alimentación das galiñas realízase a base de millo, trigo e soia, o que supón un factor diferencial en canto á calidade do ovo producido.

______________________________________________________________________

Máis de vinte empresas da área de Compostela contan co certificado de excelencia que dá Galicia Calidade

ACLUXEGA

A Asociación Clúster da Xeotermia Galega nace en febreiro de 2010 co obxectivo de aglutinar a todas as empresas galegas dedicadas ao mercado da xeotermia dentro dunha zona xeográfica e cuns retos en común, co fin de potenciar o coñecemento e utilización desta fonte de enerxía renovable en Galicia e España.

Clitecma Instalacións S.L. é unha empresa de instalación autorizada de electricidade, fontanaría, climatización, enerxías renovables, chan radiante para calefacción e refrescamiento e bombas de calor aerotérmicas.

NovaGal é unha Consultoría Técnica de Enxeñaría especializada no ámbito das Enerxías Renovables e a Eficiencia Enerxética. A dedicación ao estudo, desenvolvemento e instalación de sistemas altamente eficientes baseados nas enerxías enovables, permite ofrecer aos seus clientes un servizo integral de alta calidade.

______________________________________________________________________

Máis de vinte empresas da área de Compostela contan co certificado de excelencia que dá Galicia Calidade

ASVINOR

A Asociación de Empresarios Viveristas do Noroeste foi creada no ano 2014 por un grupo de produtores dos sectores de produción de planta ornamental, forestal e froiteira de Galicia, que movidos por uns obxectivos en común optaron por asociarse. Hoxe en día contan con 41 asociados de todas as ramas produtivas co obxectivo de contribuír á profesionalización, defensa dos intereses e desenvolvemento dos seus asociados, pondo os medios necesarios.

Estelas da Terra é unha cooperativa galega que reúne 8 produtores de diversas partes de Galicia. A súa especialidade é a produción de especies frondosas ornamentais que sobresaen pola súa cor e estética, tanto na folla como na floración. Persegue a comercialización de grandes exemplares para a súa venda en cepellón e colector.

Xardín Senra, creada en 1992, é unha empresa de servizos de zonas verdes, xardíns tanto públicos como privados, terrazas, piscinas e campos de fútbol, que conta con viveiros propios para produción de plantas. Os seus produtos máis destacados son a gran colección de Acer, Rosas inglesas, Dicksonias, plantas arbustivas e herbáceas.

Viveiros Compostela é unha empresa familiar fundada no ano 1985 dedicada á produción e comercialización de plantas e flores de tempada. Situada en Boqueixón (A Coruña), a súa principal actividade é a produción e a distribución propia de flores e plantas a outros centros de xardinaría, tendas agrícolas, florarías... Ademais, nas súas amplas e modernas instalacións, contan cun espazo preparado para a venda directa ao público.

______________________________________________________________________

Máis de vinte empresas da área de Compostela contan co certificado de excelencia que dá Galicia Calidade

BODEGUILLA DE SAN LÁZARO

A Bodeguilla de San Lázaro, inaugurada en 2005 e situada en Compostela, é un restaurante de ambiente familiar situado en pleno Camiño de Santiago, con terraza ao aire libre. Neste local pódese gozar de todos os produtos galegos por excelencia; dependendo da tempada ofrecen os produtos correspondentes, grelos no inverno, lacón en entroido, pementos de Padrón... Ofrecen aos seus clientes unha infinita variedade de viños, todos con denominación de orixe galega e licores. O establecemento conta cunha enorme e coidada adega con numerosas variedades de viños.

______________________________________________________________________

Máis de vinte empresas da área de Compostela contan co certificado de excelencia que dá Galicia Calidade

BODEGUILLA DE SANTA MARTA

A Bodeguilla de Santa Marta foi inaugurada no ano 2012 en Santiago de Compostela. Está situada na zona máis acolledora de Santa Marta. É un restaurante moderno que ofrece un trato próximo e familiar no que podemos atopar produtos galegos, preparados con esmero e un toque de modernidade. Cada tempada introdúcense novos pratos na carta xunto aos pratos tradicionais. A Bodeguilla de Santa Marta dispón dunha adega onde se poden atopar máis de 300 referencias de viños galegos, españois e doutros países.

______________________________________________________________________

Máis de vinte empresas da área de Compostela contan co certificado de excelencia que dá Galicia Calidade

CASA DE CACHEIRO

Casa de Cacheiro é unha casa rural restaurada situada en Silleda, a dez minutos de Santiago de Compostela. Combina tradición, modernidade e calidade, resulta ideal para alugar completa ou por cuartos. Conta con 7 habitacións dobres, dous grandes salóns comedor con mobles antigos e amplos xardíns con árbores centenarias e autóctonas. Atópase rodeada dunha contorna natural envexable, ríos, mosteiros, fervenzas naturais, praias fluviais, torres, montañas e inmensas zonas verdes.

______________________________________________________________________

Máis de vinte empresas da área de Compostela contan co certificado de excelencia que dá Galicia Calidade

CASA VIXIDE

Casa Vixide é unha antiga casa de aldea do século XVIII, situada na parroquia de Anseán, Lalín. Consta de dúas habitacións dobres con baño, salón comedor cociña, e un apartamento con dúas habitacións dobres con baño compartido, sala con mini cociña e outro baño. Rodeada dunha ampla zona de céspede, árbores froiteiras e plantas ornamentais. Na casa destacan as vigas de madeira do teito, a cheminea, o chan de pedra e madeira, os mobles antigos da propia casa que foron restaurados polos seus propietarios. Tamén ten un hórreo e un alpendre onde se atopa un comedor de verán con grellada para degustar á brasa as ricas carnes da zona.

______________________________________________________________________

Máis de vinte empresas da área de Compostela contan co certificado de excelencia que dá Galicia Calidade

FEIRACO

Feiraco foi fundada no ano 1969 co obxectivo de contribuír ao desenvolvemento agrogandeiro dunha área xeográfica deprimida do interior de Galicia. Hoxe en día conta con 7.500 socios. A actividade principal céntrase na recollida, envasado e comercialización de leite en variedades clásicas (enteiro, semidesnatado e desnatado). Na actualidade, Feiraco céntrase na creación de valor para o socio porque a pertenza á cooperativa só ten sentido cando o valor engadido retorna ao socio.

______________________________________________________________________

Máis de vinte empresas da área de Compostela contan co certificado de excelencia que dá Galicia Calidade

FERNANDO GALLEGO XOIEIRO ARTESÁN

Fernando Gallego aposta polas xoias que van máis aló do simple complemento, que sexan máis que un mero adorno. Co obxectivo de que as pezas sexan tan especiais como as persoas que as portan, no taller de traballo elabora coleccións que tratan de ensamblar o tres condiciones esenciais que deben reunir as xoias: beleza, orixinalidade e calidade. A Colección Apilables é un deseño exclusivo de Fernando Gallego, fabricada en ouro de primeira lei e diamantes. Está estruturada a partir dunha forma minimalista de liñas e proporcións perfectamente definidas para lograr unhas pezas elegantes e á vez rechamantes.

______________________________________________________________________

Máis de vinte empresas da área de Compostela contan co certificado de excelencia que dá Galicia Calidade

FINK ORFEBRES

A empresa Fink Orfebres comezou no ano 1993 a actividade de xoiaría e ourivaría, elaborando os seus propios deseños, combinando a prata e acibeche, esmaltes ao lume, pedras semipreciosas, e utilizando distintos finais: mate, brillo, texturas e dourados. A actividade de Fink Orfebres céntrase no deseño de xoias e na realización de pezas en prata e ouro combinados con outros materiais como o acibeche. A promoción dos produtos xoga un papel moi importante na empresa, polo que participan con expositor propio en feiras especializadas onde se presentan as novidades e se fortalece o intercambio comercial cos clientes.

______________________________________________________________________

Máis de vinte empresas da área de Compostela contan co certificado de excelencia que dá Galicia Calidade

JEALSA-RIANXEIRA

Jealsa naceu no ano 1958 e a innovación empresarial foi algo inherente. Foi a primeira empresa española en introducir o sistema de apertura fácil nas latas de conserva. A filosofía da empresa levouna a converterse nun punto de referencia obrigado e nun claro exemplo de éxito dentro do sector conserveiro a nivel nacional e mesmo europeo, xa que a súa actividade comercial chega a numerosos países como Portugal, Italia, Reino Unido, Alemaña, Austria, Bélxica e Holanda. Hoxe en día segue apostando pola capacidade de evolución e desenvolvemento e a súa planta principal, onde se centraliza o proceso de conservación do atún, está considerada como unha das máis modernas do mundo, o que fai que día a día as súas marcas Rianxeira e Escuris se consoliden aínda máis.

______________________________________________________________________

Máis de vinte empresas da área de Compostela contan co certificado de excelencia que dá Galicia Calidade

KATUXA PLATERO XOIAS

Katuxa Platero é unha deseñadora galega centrada na creación de edicións limitadas e pezas únicas. A súa tenda está situada en Santiago de Compostela e as súas xoias viran ao redor das xemas, que inspiran o desenvolvemento da peza, achegándolles cor, beleza e “alma”. Foi no Porto onde descubriu o mundo das xemas, como resaltar as súas características naturais e as súas combinacións. Katuxa deseña propostas artísticas a petición dos seus clientes, ben sexa noivas, aneis de compromisos ou “caprichos”. Outra das súas habilidades é a reelaboración de pezas antigas converténdoas en deseños modernos.

______________________________________________________________________

Máis de vinte empresas da área de Compostela contan co certificado de excelencia que dá Galicia Calidade

LUÍS ESCURÍS BATALLA

Luís Escurís Batalla é unha empresa fundada no ano 1996 que elabora conservas de peixes e mariscos de alta calidade. O obxectivo prioritario é conseguir a máxima calidade e seguridade alimentaria nos seus produtos para satisfacer a máis alta esixencia os clientes, protexendo a sustentabilidade da pesca e sendo respectuosa co medio ambiente. Elaboran conservas con produto exclusivo das Rías Galegas, que pasa un estrito proceso de calidade. Tras a selección manual peza a peza, se empaca individualmente en cada lata. A empresa combina a artesanía e a tradición no seu proceso de produción, diferenciándose da competencia e destinados a un segmento do mercado moi esixente.

______________________________________________________________________

Máis de vinte empresas da área de Compostela contan co certificado de excelencia que dá Galicia Calidade

O CURRO DA PARRA

O Curro da Parra é un restaurante situado no centro histórico de Santiago de Compostela, xunto á Praza de Abastos, no que o seu chef realiza unha aposta pola cociña creativa de mercado con raíz galega. O local é un recuncho íntimo con encanto que conta cunha adega con máis de 80 referencias especializadas en viños galegos, que inclúen mostras de todas as denominacións e subzonas de Galicia. É un recuncho perfecto para gozar dunha ampla variedade de caldos, que se vai renovando e integra tamén viños emerxentes. Os clientes poden mesmo probar un caldo de elaboración propia, o Sixty Five.

______________________________________________________________________

Máis de vinte empresas da área de Compostela contan co certificado de excelencia que dá Galicia Calidade

ORFEGA

Orfega é un taller de ourivaría clásica en Santiago de Compostela fundado no ano 1996. “Deseños que inspiren, emocionen e perduren no tempo”, é o leit motiv que move o equipo de Orfega. Os seus deseños evocan motivos da natureza, tradicións e cultura de Galicia, o mar Atlántico, a artesanía... xogos de acibeche e prata que lembran motivos composteláns ou transportan a outras culturas. A elaboración das pezas realízase nos talleres de Santiago, fabricando peza a peza, pedido a pedido, de maneira individual. Lanzou ao mercado máis de 100 coleccións de xoias e complementos e presentouse nas feiras Bisutex (Madrid) e Inhorgenta (Munich).

______________________________________________________________________

Máis de vinte empresas da área de Compostela contan co certificado de excelencia que dá Galicia Calidade

PAZO DE ALTAMIRA

Pazo de Altamira é un pequeno hotel situado na zona histórica de Santiago de Compostela, xunto á Praza de Abastos. Construído sobre o antigo Pazo de Altamira, o edificio está rehabilitado cun estilo funcional e contemporáneo. É o lugar idóneo para descansar e gozar dunha estancia con todas as comodidades, a súa localización facilita explorar a vida compostelá. O restaurante do hotel ofrece a oportunidade de mergullarse na vida local e saborear a cultura e a gastronomía galegas. Tamén ofrecen transporte ao aeroporto de Santiago e organización de excursións.

______________________________________________________________________

Máis de vinte empresas da área de Compostela contan co certificado de excelencia que dá Galicia Calidade

PAZO DE ANZUXAO

Pazo de Anzuxao iniciou a mediados dos anos 70 a elaboración de queixo de tetilla a partir do leite producido nos campos do pazo. A fábrica foi gañando reputación pola calidade e sabor dos seus produtos. Pazo de Anzuxao utiliza leite pasteurizada que procede de vacas dos produtores rexistrados da comarca de Lalín, para poder garantir a calidade dos queixos. Durante a produción, o leite é sometido a rigorosas probas. Os queixos de Anzuxao caracterízanse polo seu sabor lácteo, manteigoso e lixeiramente acedo. No seu suave recendo recoñécese o aroma do leite. Na actualidade, entre outros, produce queixos amparados pola D.O.P. Queixo tetilla e pola D.O.P. Arzúa Ulloa.

______________________________________________________________________

Máis de vinte empresas da área de Compostela contan co certificado de excelencia que dá Galicia Calidade

PEMENTOS CARMUCHA

Pementos Carmucha recolle o proxecto do emprendedor José Manuel Ferro Lago, que constitúe a terceira xeración dunha familia dedicada á comercialización de pementos de Herbón. A súa avoa, María del Carmen Rivera, foi a fundadora de Pementos Carmucha. Con ela comezou hai máis de 75 anos a produción nas leiras familiares e a comercialización do produto máis recoñecido da comarca. Coa terceira xeración familiar, Jose Manuel Ferro dá un paso máis na difusión e diversificación dos produtos de Pementos Carmucha, a través de colaboracións con diferentes marcas e a creación de novos produtos, como a confeitura de pementos ou o pemento de Herbón.

______________________________________________________________________

Máis de vinte empresas da área de Compostela contan co certificado de excelencia que dá Galicia Calidade

RESTAURANTE A TAFONA

O restaurante A Tafona, situado en Santiago de Compostela, é o lugar onde se desenvolve a proposta gastronómica de Lucía Freitas. É un lugar informal e cheo de contrastes, xa que combina as súas rechamantes paredes en pedra cunha preciosa escaleira, un lucernario e numerosos detalles de deseño. A chef elabora unha cociña de corte moderno con moito sabor, boa técnica e elegantes maridaxes. A Tafona foi galardoado cunha Estrela Michelín en novembro de 2018.

31 dic 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego