Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Medio cento de escritos para esixir a reposición de servicios ferroviarios

Xunta e CCOO piden que os trens de longa distancia con Madrid paren en Vilagarcía

Santiago. Case medio cento de escritos se teñen remitido xa dende a Xunta aos responsables de Renfe e do Ministerio de Transportes para amosar a preocupación da comunidade polas escasas frecuencias de ferrocarril e a non reposición dos servizos cando a situación sanitaria xa o permitía e había demanda para cubrir. As mesmas inquedanzas lle transmitiu en persoa a conselleira Ethel Vázquez ao ministro José Luis Ábalos no encontro que mantiveron o pasado mes de abril.

Vázquez informou da súa correspondencia co goberno no encontro que mantivo con represenantes do sector ferroviario de CCOO en Galicia, encabezados polo seu coordinador, Gregorio Bermejo. Segundo lles explicou, as respostas obtidas van sempre na mesma dirección: recuperanse os servizos cando aumente a demanda. “Pero esto é un círculo vicioso, xa que se non se oferta un bo servizo aos cidadáns é imposible que se recupere a demanda”, laiouse.

A titular de Infraestruturas do Goberno galego referiuse en concreto aos problemas nas liñas que prestan servizos rexionais: a liña Ferrol-Ribadeo, onde se pasou de 4 frecuencias ao día a só 1 por sentido; á de Ourense-O Carballiño, cunha soa frecuencia ao día; ou entre Ferrol-A Coruña, onde seguen sen restablecerse aínda 2 liñas. Na liña internacional con Portugal, os servizos están só restituídos ao 25 por cento, exemplificou tamén Vázquez.

Salientou, asimesmo, que tampouco se repuxeron os trens hotel, con Madrid e Barcelona, a pesar de que son liñas que prestan un servizo esencial á cidadanía, “e nas que se ve escaso interese por parte de Renfe en restablecelas”, dixo a conselleira

Tanto Vázquez como os representantes sindicais amosárense contrariados polo feito de que os servizos de longa distancia con Madrid que se puxeron en marcha este mes de xuño non fan parada en Vilagarcía. Tamén o Concello de Vilagarcía ten demandado que esta localidade ten que ser parada obrigada do tren, xa que suporía escasos 5 minutos para atender unha demanda potencial de 100.000 persoas.

Os representantes da Xunta e de Comisións Obreiras coincidiron tamén na necesidade de que os investimentos a nivel da infraestrutura –o AVE ou as estacións intermodais– , deben ir acompañados de mellor material rodante os trens AVRIL–, e de servizos acordes ás necesidades de mobilidade dos cidadáns.

A titular de Infraestruturas contrapuxo a situación do tren cos servizos de transporte público interurbano de competencia da Xunta. Lembrou así que nos peores momentos da pandemia, a Xunta mantivo sempre autobuses en circulación, que se foron restablecendo de xeito acorde á evolución sanitaria. Desde o pasado 10 de maio, restituise a totalidade dos servicios de autobús. redacción

30 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.