Morre un home tras envorcar un tractor no municipio pontevedrés de Vilaboa
O falecido tiña 73 anos. É o segundo accidente destas características rexistrado esta semana en Galicia
Un home de 73 anos foi localizado sen vida debaixo dun tractor envorcado no municipio pontevedrés de Vilaboa. Este é o segundo accidente destas características rexistrado en Galicia esta semana, após o sucedido o pasado martes en Santa Comba (A Coruña).
Segundo informou o 112 Galicia, o sinistro mortal tivo lugar ás 20,15 horas deste xoves no lugar de Sobreira. Alí acudiu un equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, pero nada puideron facer por salvarlle a vida ao home.
Posto que a vítima quedara atrapada debaixo da estrutura da máquina agrícola, foi necesaria a intervención dos bombeiros para realizar os traballos de excarceración.
Após ter constancia dos feitos despois de recibir a chamada de alerta dunha persona particular, por parte do 112 Galicia solicitouse a intervención dos Bombeiros de Pontevedra e do Morrazo, ademais dos servizos sanitarios.
Até o lugar tamén se desprazaron os axentes da Garda Civil e membros de Protección Civil da localidade.
PONTEVEDRA. EUROPA PRESS