Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Multiplícanse os ingresos nas lonxas pola venda do polbo

Contabilizan un importe oito veces maior que na campaña de 2020 ademais dun mellor equilibrio nos prezos de toda Galicia

A campaña do polbo está a ofrecer datos que apuntan á recuperación da especie. As capturas rexistradas no conxunto de Galicia nos primeiros 40 días de actividade trala veda multiplican por máis de sete as obtidas no mesmo período do ano pasado mentres que os ingresos multiplican por oito ós de 2020. Este mellor balance na facturación débese a que o prezo medio, de 9,3 euros o quilo, é o segundo máis alto da serie histórica só superado polos 10,6 euros o quilo de 2018.

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou a lonxa de Bueu e mantivo un encontro cos representantes da confraría de pescadores local no que analizou a evolución do sector nos últimos meses e salientou que ata a semana pasada as lonxas galegas recibiron máis de 230 toneladas deste cefalópodo, un 3% máis que a media histórica, e ingresaron máis de 2,1 millóns de euros pola súa venda, un 63% por enriba da media da serie, que se remonta á campaña 2004-2005.

Rosa Quintana incidiu en que estes datos veñen a confirmar os bos presaxios de finais da campaña pasada, cando a información obtida polos profesionais do sector e polos técnicos da Consellería do Mar apuntaban a unha mellora do estado da especie tanto polo volume de capturas como polo recrutamento de xuvenís. Trátase dunha mellora do recurso á que tamén contribuíu a fixación, de acordo co sector, dunha veda de dous meses para a captura da especie: a máis longa dos últimos exercicios.

No caso da lonxa de Bueu, nas primeiras semanas de campaña comercializou máis de 4.500 quilos de polbo e facturou arredor de 40.000 euros pola súa venda. No caso das capturas, son cifras que roldan a media histórica e triplican as do ano pasado, mentres que os ingresos superan nun 30% a media rexistrada nos exercicios anteriores e cuadriplican os obtidos nas primeiras semanas de pesqueira posteriores á veda de 2020.

Este encontro coa confraría de Bueu enmárcase no contacto permanente da Xunta co sector para avaliar as súas necesidades e analizar a evolución da súa actividade. No caso do polbo, as partes realizan un seguimento constante da súa situación a través da comisión de seguimento do plan de xestión da especie, no que analizan o seu estado e adoptan as medidas máis oportunas para o desenvolvemento sustentable da actividade, como é o caso da ampliación da veda aprobada este ano.

Así, este ano durante o prazo que leva aberta a veda do polbo en Galicia, rexitráronse un total de 269.589,80 quilos vendidos nas lonxas galegas fronte a tan só 44.629,55 kilos rexitrados no mesmo período no ano 2020. Ademais, también existe un aumento significativo do prezo en ambos periodos temporais de forma que neste ano xa se contabilizan 2,5 millones de euros na campala extractiva do polbo mentres que no ano anterior, rexistráronse un total de 402, 8 mil euros, case oito veces menos que na campaña actual.

Por outro lado, as lonxas que maior prezo presentan por venda de esta especie son: a lonxa de Muros, cunha media de 10,25 euros o kilo, Cangas cun valor medio de 10,1 euros, e a lonxa de Corcubión con 10,06. As tres, situándose por enriba da media xeral.

No ano 2020, as lonxas, de forma illada, presentaban un prezo maior por kilo, de forma que as que presentaban un valor máis alto na venda do polbo eran a lonxa de Cangas, 11,05 euros o kilo, a de Cambados cun valor medio de 10,77 por peso; O Grove con 10,69 kilos e por último a lonxa de Bueu con 10,36 euros o kilo, todas elas no mesmo período que o ano anterior. Desta forma, neste ano os prezos atópanse mellor repartidos entre todas as lonxas galegas fronte aos exemplos do pasado ano.

Ademais, en comparación co inicio da pandemia en 2019 se capturaban ao longo de todo o ano 2.129.527 kilos por un valor de 16 millóns, en 2020 apenas se logró lana mitad, 1.017.887 kilogramos, por 7,8 millóns.

Neste senso, a Consellería do Mar e os representantes do sector pesqueiro tamén constataron durante a xuntanza a existencia de abundancia de exemplares xuvenís no mar, de acordo coas capturas que realiza a frota artesanal galega, o que debería garantir o desenvolvemento sustentable da pesqueira nos vindeiros meses.

A Xunta realiza un seguimento constante da situación do polbo e os datos obtidos agora se ratificaron os recollidos a finais da campaña pasada, cando se albiscaba unha mellora no estado da especie tanto polo volume de capturas como polo recrutamento de xuvenís. Non obstante, para protexer o estado do recurso e favorecer a súa recuperación, a Xunta e o sector acordaron fixar este ano unha veda de dous meses, máis longa que en exercicios anteriores. A titular de Mar lembrou tamén que a campaña do polbo 2020-2021 foi anómala e que a evolución do polbo adoita ser cíclica. Nela, ademais da actividade pesqueira, inflúen outros factores como os medioambientais e os climatolóxicos, que poden provocar descensos puntuais nas capturas. Neste sentido, incidiu en que os datos obtidos ata agora e a abundancia de xuvenís que hai no mar, debería garantir o desenvolvemento sustentable.

VEda
maiores prezos por kilo

··· Ano 2020: rexistráronse un total de 44.629,55 kilos da especie o que supuxo un importe total de 402.751,05 euros para o sector do mar. De media, o prezo por kilogramo situouse en 9,02 euros.

··· Ano 2021: no que levamos da campaña extractiva, este ano, contabilizáronse nestes días 269.589,80 kilos de polbo cun importe de oito veces máis que o pasado ano con 2.517.005,43 euros cunha media de 9,34 euros por kilogramo.

··· Ano 2019: con respecto a campañas anteriores, contabilizáronse uns 338.778,80 kilos entre todas as lonxas para mesmo período estival habilitado ese ano, no que tamén se rexistraron ingresos de 2.535.112,85 de euros cunha media de 7,48 euros por kilo.

18 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Mar
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.