Nivel medio de restricións en Camariñas, Malpica, Cambre, Poio e Castroverde
O comité clínico reunirase de novo o vindeiro martes para analizar a situación epidemiolóxica dos concellos galegos
O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19 vén de acordar, na súa xuntanza deste martes, o nivel medio de restricións para os concellos de Castroverde, Camariñas, Malpica de Bergantiños, Cambre e Poio. Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio baixo. O comité reunirase de novo o vindeiro martes, para analizar a situación epidemiolóxica dos concellos galegos. Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro sábado, 26 de xuño.
22 jun 2021 / 21:44
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en
Mi Correo Gallego.