Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

No aire as autovías de Lugo a Ourense e a Santiago

Lugo. O ministerio de Transportes está deseñando unha nova política de infraestruturas que, aparentemente, culminará coa futura Lei de Mobilidade, e na que se decidirán os investimentos nesta materia en base a parámetros de custe-beneficio. Á vista deste proceso, os senadores de Lugo –José Manuel Barreiro, Rosa Arza e Manuel Varela- cren “prioritario e necesario” que o departamento estatal concrete se nesta norma ten e conta o problema demográfico á hora de planificar esta Lei e, se no caso concreto da provincia, a súa aplicación permite precisar o prazo de remate das autovías que executa na provincia: A-54, que une Lugo con Santiago; A-56, que conectará Lugo con Ourense; e, a A-74, que mellorará as comunicacións da comarca da Mariña. pedro lemos

17 oct 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito