Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Novo impulso á excelencia das universidades

convocatoria. A Xunta de Galicia dá un novo impulso á excelencia académica na universidade coa apertura da segunda convocatoria para a distinción de másters universitarios de Excelencia no Sistema Universitario de Galicia (SUG), coa súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Esta mención de excelencia foi implantada por primeira vez e de xeito pioneiro na comunidade o ano pasado, e concluíu coa concesión deste selo de calidade a tres másters nas universidades galegas.

Con esta publicación, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade abre o prazo para que durante un tempo máximo de dous meses as universidades do SUG poidan solicitar o selo de calidade que acreditará o nivel académico e a solvencia científico-técnica dos estudos e que suporá, ademais, unha garantía de futuro para os estudantes. Ademais, a obtención deste selo, que ten unha duración de cinco anos, permite ás titulacións seleccionadas participar do apoio económico contemplado nas accións de mellora da calidade do Plan Galego de Financiamento Universitario que, para este ano prevé achegar 20.000 euros por cada unha delas.

Cada universidade do SUG poderá presentar, como máximo, ata tres solicitudes correspondentes a outras tantas titulacións de máster universitario oficial nas que deben figurar como universidade coordinadora no caso de titulacións conxuntas. Entre os requisitos para solicitar a mención están o de ser títulos de máster universitario de carácter oficial e validez en todo o territorial nacional, e que veñan sendo impartidos por algunha das universidades do SUG de xeito ininterrompido, como mínimo, desde o curso 2017-18. O pasado ano a Consellería recibiu preto de 15 propostas que foron avaliadas pola comisión encargada de analizar as peticións e a documentación presentada.

Finalmente, a comisión concedeulle a mención de Máster Universitario Excelente cunha vixencia de cinco cursos académicos aos mestrados de Bioloxía Molecular, Celular e Xenética, e Enxeñería Informática, da da Coruña; e Enxeñería Ambiental, de Santiago. ECG

19 mar 2021 / 19:17
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.