Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Novo Regulamento de Xestión Orzamentaria

consello de goberno. A última reunión do ano do Consello de Goberno da Universidade de Santiago aprobou o Regulamento de Xestión Orzamentaria, que dotará á USC dun marco normativo interno que actualice e apontoe unha maior estabilidade ao seu réxime orzamentario. Este novo regulamento, asegura a institución académica nun comunicado de prensa, “contribúe ao rigor na xestión económica e orzamentaria, aclara e simplifica aspectos desa xestión e ademais acompañarase co desenvolvemento dunha ferramenta informática que permita a axilidade e un salto cualitativo na xestión económica e orzamentaria”. O texto dá resposta á necesidade de adaptar a normativa, a base da cal foi aprobado en 1988, “nun contexto ben diferente do actual”. O Regulamento de Xestión Orzamentaria, que comprende un total de dez capítulos, eríxese nunha norma actualizada, alén de constituír “un paso fundamental na modernización da xestión universitaria, que debe ter continuidade co emprego de medios técnicos seguros e eficientes e coa capacitación e formación continuada do persoal destas áreas”, asegura a institución compostelá. Nesta liña, o documento contempla o abano de competencias económico-financeiras, distribuídas entre os distintos órganos colexiados e unipersoais que integran a estrutura universitaria, entre outras melloras. C.B.

30 dic 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.