Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Novos servizos na sede elecrónica da Xunta

    administración. A sede electrónica da Xunta vén de incorporar dous novos servizos, a consulta das notificacións electrónicas que reciba o cidadán de calquera administración e a posibilidade de obter copias dixitais auténticas da documentación que presente en papel para os seus trámites. O incremento dos servizos

    dixitais é un dos obxectivos do Plan de Administración e Goberno Dixitais 2020 para

    conseguir unha administración integramente dixital, aberta e proactiva. Máis de medio millón de galegos realizaron as súas xestións online a través da sede electrónica no primeiro semestre do ano.

    A través do seu espazo ‘A miña sede’ os cidadáns xa poden consultar as notificacións electrónicas enviadas pola Xunta de Galicia ou calquera outra administración pública galega adherida ao Sistema de Notificación Electrónica de Galicia - Notifica.gal.

    Entre xaneiro e xuño deste ano a Xunta enviou máis de 343.000 notificacións electrónicas que o usuario recibe no móbil en lugar no buzo de correo postal, evitando así o envío en papel.

    Ademais, a sede electrónica da Xunta facilita xa a obtención das copias electrónicas auténticas daqueles documentos en papel que o cidadán teña achegado na xestión dos trámites administrativos e que foran previamente dixitalizados nas oficinas de atención á

    cidadanía e rexistro.

    Estas copias poderanse obter a través do seu espazo ‘A miña sede’;, dentro do apartado ‘’Os meus datos’’, e reutilizala para a súa presentación en calquera outro procedemento administrativo da Xunta ou Administración pública. Grazas a esta iniciativa, ademais de axilizar os trámites públicos, contribuirase a reducir gradual e eficazmente a cero o uso do papel na administración.

    Consolidación da carpeta cidadá. A incorporación destes novos servizos online supón un paso máis no proceso de dixitalización no que está inmersa a Administración galega e consolidan a carpeta cidadá (’A miña sede’) como o espazo único de información do cidadán sobre a súa situación administrativa de xeito claro e transparente. ECG

    01 ago 2020 / 19:51
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito