Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O 98% das zonas de baño en Galicia tivo unha calidade de auga excelente ou boa en 2021

SANTIAGO. EP. O 98,2 por cento das zonas de baño de Galicia foi clasificada pola súa calidade da auga como boa ou excelente, segundo o informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade. Cada temporada elabórase un censo oficial das zonas de baño. Na temporada de 2021 figuran un total de 489 zonas de baño, con 506 puntos de mostraxe que se atopan en 114 concellos. Segundo o informe analizado este xoves no Consello da Xunta, destes 506 puntos, o 91,9 por cento obtivo unha clasificación sanitaria excelente. Trátase da mellor porcentaxe desde que se comezou a empregar o sistema de cálculo da clasificación sanitaria actual, adaptado á normativa europea, en 2011, cando se situou no 70,7 por cento.

En 2021, o 6,3 por cento das zonas de baño obtiveron unha clasificación boa e o 1,2 por cento, unha clasificación suficiente. Pola súa banda, no 0,6 por cento dos puntos de mostraxe analizados atopouse unha clasificación insuficiente. Así, en xeral, obsérvase unha tendencia á melloría na calidade das augas de baño cada temporada, ao aumentar a porcentaxe de praias con clasificación sanitaria excelente e seguir en niveis mínimos con clasificación sanitaria insuficiente.

A vixilancia sanitaria realizouse no 100 por cen dos puntos de mostraxe censados. Todos os episodios de contaminación foron comunicados aos concellos implicados.

COVID. Ademais, no pasado ano tamén se fixeron inspeccións nas zonas de baño para comprobar o cumprimento da normativa en prevención da covid-19. As non conformidades máis observadas foron a ausencia de exposición da capacidade máxima e medidas de prevención, as relacionadas coas limitacións de acceso e capacidade máxima permitida, a ausencia de papeleiras a disposición do público e as relativas ao xel hidroalcohólico e aseos e vestiarios.

03 mar 2022 / 20:29
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.