Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O ano 'lexislativo' arrinca coa comisión de financiamento en marcha e leis pendentes do plan da Xunta de 2021

O Parlamento pechou 2021 con case unha vintena de normas aprobadas, pero só dúas das fixadas polo Goberno de Feijóo no seu calendario anual

SANTIAGO. EP. O ano 'lexislativo' arrincará este mes en Galicia co foco nos traballos da Comisión activada para abordar a proposta da Comunidade ante a reforma do sistema de financiamento. De feito, co obxectivo de avanzar con rapidez tras o parón do Nadal, habilitouse a semana próxima no Pazo do Hórreo e está previsto que, desde o martes, se concentren o groso das comparecencias. Arrincará as comparecencias o martes a profesora María Cadaval; e seguiraa a exconselleira de Facenda Elena Muñoz, agora senadora; xa o mércores será a quenda de Xosé Díaz e Santiago Lago, representante da Comunidade no Comité de Expertos para a reforma do sistema de financiamento autonómico e catedrático de Economía Aplicada na Universidade de Vigo.

Máis expertos nos ámbitos económico e financeiro --Bernardo Valdés e Diego Martínez-- comparecerán o xoves; mentres que o socialista Xoaquín Fernández Leiceaga (senador e economista) e Roberto Fernández-Llera acudirán á sesión de traballo da Comisión convocada para o venres. Dos comparecentes fixados inicialmente, quedaría pendente o paso pola Comisión de Alberto Turnes, Francisco J. Constenla, e do conselleiro de Facenda, Miguel Corgos.

Ademais, para os seus traballos, o órgano activado na Cámara solicitou a distintas administracións e entidades públicas e privadas unha vintena de documentos e informes sobre a situación, demandas, necesidades e impacto económico dos servizos en Galicia e o resto de comunidades, que se irán trasladando en próximas datas.

AMPLO LABOR DESPOIS DO PARÓN DE 2020. O Parlamento de Galicia pechou un 2021 de nutrido labor lexislativo (entre as normas deseñadas polo Goberno e as propostas que partiron do propio Lexislativo), despois dun 2020 no que, ademais do parón propiciado pola covid-19, houbo eleccións autonómicas. Así, o ano pasado o Parlamento aprobou un total de 18 textos, a ampla maioría leis, entre elas as modificacións lexislativas para a prevención fronte á violencia machista, a lei de recoñecemento da universidade privada de Abanca, a de recuperación de terra agraria ou algunhas pendentes da anterior lexislatura, como a de impulso demográfico.

NORMAS PENDENTES DO CALENDARIO DE 2021. Iso si, a maior parte da decena de normas previstas pola Xunta no seu plan anual normativo de 2021 están pendentes, en diferente grao de elaboración, segundo o caso. De feito, de todas elas, o ano pasado só recibiron luz verde do lexislativo a de orzamentos de 2022 e a do Plan galego de estatística 2022-2026.

En carteira da Xunta seguen, así, do calendario fixado para 2021 a lei reguladora de xogos e apostas de Galicia, a de patrimonio, a actualización do marco regulador da educación de adultos, a renovación da normativa en materia de prevención do consumo de alcol incorporando lexislación sobre a prevención do consumo de tabaco, a da xestión do ciclo integral da auga, a de calidade alimentaria, a de artesanía e a de arquitectura.

08 ene 2022 / 17:52
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.