Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Bierzo, quinta provincia galega?

A posibilidade dunha integración da comarca en Galicia xera esperanzas e discrepancias nas sociedades berciana e galaica

O pasado 27 de xaneiro entraba O Bierzo no Parlamento de Galicia encabezado por Ivan Alonso, secretario xeral de Coalición por El Bierzo (partido político berciano de corte rexionalista) e da man do BNG, coa a deputada valdeorrana María González Albert. Presentábase á mesa do Parlamento unha proposición non de lei para o seu debate no pleno, a cal expuña temas como unha mellora da colaboración entre Galicia e O Bierzo, a posibilidade da comarca de converterse en provincia e a posibilidade de outorgarlle aos cidadáns o dereito para decidir a súa integración na nosa comunidade autónoma.

Falamos con Olegario Ramón Fernández, alcalde da cidade de Ponferrada polo PSOE; Iván Alonso, secretario xeral de Coalición por El Bierzo; María González Albert, diputada do BNG no parlamento galego pola provincia de Ourense e con El Filandón Berciano, asociación cultural de mozos e mozas centrada en denunciar os problemas da comarca. Todos representan diferentes opinións sobre esta realidade que se está a vivir.

- Está a favor dunha posíbel anexión?

Olegario Ramón. Mi posición es que es un debate que no toca en absoluto en este momento. Ahora se suscita este debate porque las situaciones de crisis alimentan este tipo de debates de enfrentamiento territorial.

El Filandón Berciano. Estamos a favor de que o pobo sexa o que poda falar nesta cuestión dunha maneira democrática. O único no que estamos de acordo con todo isto é con que o modelo territorial do Bierzo ten que cambiar.

María González. O BNG está a favor do que decida a cidadanía do Bierzo. É unha cuestión democrática, ver o que quere a xente e adaptar a realidade administrativa a esa necesidade da xente.

- Cre que os cidadáns galegos e bercianos están a favor da anexión?

Olegario Ramón. Yo creo que a los ciudadanos, en general, les parece un debate bastante estéril.

El Filandón Berciano. Non saberiamos dicirche en Galiza, o que si é que no Bierzo é a segunda opción cun 34%, segundo as enquisas. Un Bierzo galego é entendíbel no Bierzo Alto?

María González. Polo que nos transmiten desde O Bierzo e o visto nos estudos demoscópicos dos últimos anos, o que hai é un debate social de se teñen que seguir na provincia de León ou teñen que mudar a súa configuración provincial.

Iván Alonso. Según encuestas que se han publicado, hay un gran porcentaje que se posicionaría a favor.

- Cales son as características desta posibilidade de anexión que se propón?

María González. Está unha iniciativa de Coalición por El Bierzo e nós os transmisores no Parlamento de Galiza. Nace coincidindo co bicentenario da creación da “Provincia do Vierzo”. A proposta ten 4 puntos, hai dúas delas que van no sentido de que a Xunta colabore con Castela e León, co Consello Comarcal do Bierzo para facer unha consulta popular sobre o interese de ser provincia e en cal das comunidades. Despois, hai outras dúas propostas do acordo que van no sentido de colaborar coas actividades deste bicentenario.

Iván Alonso. Se trata de una proposición no de ley presentada en el Parlamento de Galicia. Está basada en 4 puntos: otorgarle el derecho al Bierzo de ser provincia, ofrecer la posibilidad de integrarse en la Comunidad Autónoma Gallega, unas pautas administrativas en la relación entre Consejo Comarcal y la Junta de Castilla y León, colaboración con el Consejo Comarcal y la Junta de Castilla y León para la celebración del Bicentenario de la creación de la “provincia do Vierzo”.

- Cal senten que é a súa identidade como pobo?

Olegario Ramón. Yo le puedo decir que yo me siento berciano, me siento leonés, me siento castellano-leonés, me siento español, me siento ciudadano del mundo.

El Filandón Berciano. Isto é importante, para nós, como Fiandón Berciano, só somos bercianos e non necesitamos apelidos incompletos.

Iván Alonso. Yo creo que la mayoría de los ciudadanos se sienten bercianos, ya que poco tenemos que ver con alguien de San Andrés de Rabanedo -o secretario xeral refírese a un municipio preto da cidade de León-.

- Cre que existe unha maior proximidade cultural do Bierzo con Galicia que con Castela e Léon?

Olegario Ramón. Es posible que eso ocurra en determinadas zonas del Bierzo.

El Filandón Berciano. Iso está claro, pero a pregunta debería ser se o Bierzo ten similitude co resto da provincia de León.

María González. Eu creo que esta realidade é así. Para a xente de Valdeorras a cidade de referencia ten sido Ponferrada por unha cuestión de proximidade. A propia Xunta de Galicia e o Parlamento de Galicia recoñecen esta conexión, con iniciativas culturais.

Iván Alonso. Tenemos nuestra propia cultura pero he de decir que siempre ha habido una mayor simpatía con Galicia.

- Como sería a situación da lingua galega no Bierzo no caso dunha anexión?

María González. A día de hoxe, hai moitas experiencias piloto e o galego estase a ensinar en moitas escolas do Bierzo. Sería un camiño a moi longo prazo, non se trata de impoñer nada. A lingua galega é unha realidade no Bierzo.

Iván Alonso. El gallego no sería un problema ya que es una lengua hablada en El Bierzo, no es algo foráneo, es algo que siempre ha estado con nosotros. Hay más de 1.000 escolares que eligen la opción de cursar gallego cada año.

- Como é a relación entre O Bierzo e o Goberno de Castela e León?

Olegario Ramón. La relación entre El Bierzo y la Junta de Castilla y León es una relación en la cual pesa bastante el sentimiento generalizado de el Bierzo de que hay un olvido con esta comarca. Si algo positivo puede tener este debate, es que la Junta de Castilla y León reaccione a tiempo.

El Filandón Berciano. A relación do pobo coa Junta é un calvario, aínda hoxe saíu a última, o Goberno de Castela sitúa o Parque Agroalimentario Rural da Comunidade en Valladolid, cando estaba prometido para O Bierzo.

Iván Alonso. La situación que vive El Bierzo con respecto a la Junta de Castilla y León es algo denunciable, es decir, una situación de abandono a nuestra comarca que sigue perdiendo población de manera alarmante, con servicios e infraestructuras precarias.

- Cre que se O Bierzo fose unha provincia de Galicia atoparíase nunha mellor situación (infraestruturas, recursos, servizos...) que formando parte de Castela e León?

Olegario Ramón. Yo creo que mi opinión personal, la opinión de Olegario Ramón, es una opinión que carece de la más mínima importancia.

El Filandón Berciano. Nós non facemos futuroloxía, nós miramos ao pasado para rescatar unha identidade e unha cultura que dicen que está morta ou que non existe.

María González. Non sei se estarían mellor atendidos estando en Galiza ou lles farían tan pouco caso como a nós, os de Valdeorras.

Iván Alonso. No se puede saber, ya que hay zonas de Ourense y Lugo que sufren también una situación de abandono y olvido como la de nuestro territorio.

- Cre que pode materializarse esta idea de anexión algún día?

Olegario Ramón. Yo no soy adivino y no sé lo que puede pasar en un futuro es algo que no me he planteado.

El Filandón Berciano. Cremos que non, porque mover os marcos das comunidades imaxinarias do Estado supoñería falar de ruptura de consensos da Transición.

María González. Eu creo moito na democracia e creo que se podería materializar. Se o recoñoce a Constitución non tería que ser problemático.

Iván Alonso. Según lo que se dispone en la Constitución, pues podría darse perfectamente. Si es completamente legal, ¿por qué no?

16 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.