Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O BNG revalida as listas do 5A e Ana Pontón mantén a súa “ilusión de ser a primeira muller presidenta” da Xunta

A candidata do Bloque desvela que a súa “primeira decisión” se goberna será articular un “gran acordo de país” para a reconstrución

SANTIAGO. EP. O Consello Nacional do BNG acordou este sábado manter as listas das eleccións do 5 de abril, suspendidas pola pandemia do coronavirus, para os próximos comicios do 12 de xullo. Así, a portavoz nacional, Ana Pontón, manifestou que “non cambia as ganas e a ilusión de ser a primeira muller presidenta” da Xunta.

Durante a rolda de prensa posterior á reunión do máximo órgano do Bloque, desvelou que seguirán á fronte das candidaturas os deputados autonómicos Olalla Rodil (Lugo), Noa Presas (Ourense), Luís Bará (Pontevedra) e Xosé Luís Rivas ‘Mini’ (como o ‘dous’ pola Coruña tras a propia Pontón, que será a ‘un’).

Deste xeito, os nacionalistas manteñen a súa confianza nos integrantes do seu grupo parlamentario durante a pasada lexislatura. Ademais destes nomes, xa figuraban nas listas do 5 de abril a deputada autonómica Montse Prado, de ‘dous’ por Pontevedra; e a exdeputada no Congreso por En Marea Alexandra Fernández, unha das fichaxes estrela, como ‘tres’ por esta mesma circunscrición.

A maiores, o BNG volverá apostar por figuras como Iago Tabarés e Rosana Pérez (ex deputados autonómico e no Congreso, respectivamente), así como o conselleiro de Medio Rural durante o bipartito, Alfredo Suárez Canal, e por incorporar á escritora Mercedes Queixas e ao dirixente de Galiza Nova Daniel Castro.

Estas listas que este sábado revalidou o Consello Nacional son, en palabras de Pontón, “unhas candidaturas de excelencia, integradas por persoas solventes, representativas da sociedade galega, con coñecemento sobre o país e con valentía”.

“Con estas candidaturas e cun proxecto sólido e solvente como o que representa o BNG, afrontamos con toda a ilusión e convicción de que o próximo 12 de xullo podemos abrir unha nova etapa na Xunta”, asegurou a candidata nacionalista.

“UNHA GALIZA QUE VAI A MENOS”

Paralelo a todo iso, Pontón aproveitou a rolda de prensa para cargar contra os 11 anos que leva o popular Alberto Núñez Feijóo á fronte da Xunta: “Unha Galiza que vai a menos, unha Galiza con menos emprego, con menos poboación, con menos igualdade, con menos industria, con menos solidariedad e con menos autogoberno”.

Así mesmo, considera que Feijóo “pensa que pode esconder eses 11 anos de retrocesos detrás dunha pandemia” como a da COVID-19. “Por iso convoca eleccións no medio dunha crise sanitaria, porque así pensa que pode salvar o seu naufraxio electoral”, insistiu, para tamén lamentar que utilice a Televisión de Galicia (TVG) “para facer campaña”.

Mentres Feijóo “se agochou detrás do mando único” estatal durante a crise do coronavirus “para non responsabilizarse”, Ana Pontón celebra que os galegos “demostraron que son moito mellores” que “o Goberno do PP”.

UN ACORDO DE REACTIVACIÓN

“Ao candidato do PP lle queda grande Galiza. Porque neste momento que vivimos esixe xusto o contrario do que el fai”, agregou. Por iso, a portavoz nacional do Bloque avanzou que a súa “primeira decisión” no caso de resultar elixida presidenta será “convocar a todos os axentes políticos, sociais e económicos” da Comunidade “para construír un gran acordo de país para a reactivación económica, social e laboral”.

“Porque Galiza está e ten que estar por diante de todo, dos partidos e das siglas. E este é o momento de demostralo, de ter altura de miras e de facer política con maiúsculas ao servizo do noso pobo”, valorou.

Así as cousas, Pontón sae do Consello Nacional deste sábado mantendo o seu obxectivo e a súa “ilusión” de “ser a primeira muller que preside a Xunta de Galiza e demostrar que hai outra forma de facer política e outra forma de entender o país”.

“O próximo 12 de xullo temos a oportunidade de apostar por algo diferente, de vacinarnos fronte ás políticas fracasadas do PP e do centralismo e pór en marcha un cambio histórico nun momento histórico, que Galiza teña unha presidenta do BNG para liderar un tempo novo”.

CRÍTICAS

La portavoz nacional del BNG, Ana Pontón, ha cargado este sábado contra el "cinismo político" del presidente de la Xunta y del PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, por pretender acortar la campaña electoral, fijada para 15 días, para así "amordazar a la oposición".

Así se ha pronunciado la líder nacionalista a preguntas de los medios este sábado, durante la rueda de prensa posterior a un Consello Nacional que ha decidido mantener para la convocatoria del 12 de julio las mismas listas que las de los comicios del 5 de abril, suspendidos por la incidencia de la pandemia del coronavirus.

En este sentido, Pontón se ha mostrado contraria a acortar la campaña después de que Feijóo y el PPdeG se abriesen esta semana a hacerlo, aunque siempre y cuando se adopte un pacto entre los principales partidos gallegos.

"Creo que es una muestra de cinismo político que Feijóo, que lleva a lo largo de esta crisis utilizando los medios públicos para hacer campaña encubierta, ahora diga que quiere hacer una campaña corta y de baja intensidad", ha lamentado Pontón.

Además, ha asegurado que el acuerdo que quiere impulsar el BNG es "para que los medios públicos de este país", en concreto la Televisión de Galicia (TVG), "dejen de estar secuestrados y al servicio de la campaña del Partido Popular".

Así, ha apostado por que, durante la carrera hacia las elecciones gallegas, se dé "garantías a la ciudadanía para que pueda contrastar" y "conocer las diferentes alternativas" políticas que hay en la Comunidad.

"Y si Feijóo piensa que va a poder amordazar a la oposición en la campaña, desde luego se equivoca", ha dicho, para seguidamente agregar: "Ya sé que lo que le gustaría sería seguir monopolizando los medios y seguir haciendo él campaña en la TVG".

ACABAR CON LA "MAYORÍA ABSOLUTISTA" DEL PP

Por otra parte, preguntada sobre un eventual acuerdo entre la izquierda para desbancar al actual presidente de la Xunta, ha garantizado que el Bloque tendrá "altura de miras y responsabilidad" para responder a los ciudadanos si con su voto deciden que el PP pierda su "mayoría absolutista".

Así, ha desvinculado esta postura de las polémicas que en los últimos días rodearon al PSOE por su pacto con EH Bildu sobre la derogación de la reforma laboral del PP y del hecho de que no hubo acuerdo para que el BNG votase en el Congreso a favor de la prórroga del estado de alarma. "En Galicia tenemos una dinámica política propia", ha zanjado Pontón.

23 may 2020 / 15:37
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.