Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Sanidade destinará case un millón de euros ás obras do centro de medicamentos CAR-T de Galicia

As novas instalacións de produción celular disporán de laboratorios de control de calidade, salas de criopreservación, ademais doutros espazos destinados a usos auxiliares e administrativos

Santiago. A Consellería de Sanidade e a Universidade de Santiago de Compostela mantiveron na mañá deste luns unha reunión de traballo na que, entre outros temas, abordaron o avance da posta en marcha do centro do produción de medicamentos CAR-T de Galicia que, en función do convenio asinado entre Xunta e USC o pasado 27 de maio, se ubicará nas instalacións desta Universidade.

Así, o conselleiro de Sanidade, García Comesaña, informou ao reitor da USC, Antonio López Díaz, de que durante o mes de agosto a Xunta licitou por un importe de 975.285 €, o contrato de redacción de proxecto e reparación, adaptación e posta en marcha de salas brancas para o seu uso en terapias celulares avanzadas.

O Executivo galego investirá un total de 2,5 millóns de euros para levar a cabo as tarefas de reforma e a adquisición do equipamento preciso para pór en marcha o centro de produción de medicamentos CAR-T, e cuxas instalacións se emprazarán nos edificios que anteriormente acollían o Instituto de Ortopedia e o Banco de Tecidos Musculoesqueléticos.

Mediante a súa remodelación, as novas instalacións de produción celular, disporán de laboratorios de control de calidade, salas de criopreservación, ademais doutros espazos destinados a usos auxiliares e administrativos.

García Comesaña subliñou que o novo centro de produción de medicamentos CAR-T “situará a Galicia na vangarda dos tratamentos contra o cancro” e que, ademais, tamén será “un punto de referencia no eido do estudo e a innovación”. l.rey

13 sep 2021 / 18:40
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.