Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Consello Consultivo avala que o goberno galego pode exercer as competencias en materia de ordenación do litoral

//Tamén se aprobou a presentación de alegacións ao Plan estratéxico nacional para a protección da costa, xunto coas de 22 concellos e as empresas afectadas// Denuncian que pon en risco preto de 4.000 edificacións, das que 200 son negocios

    A semana pasada, o goberno galego solicitaba un informe independente ao Consello Consultivo sobre a transferencia da competencia de costas á comunidade autónoma, tras coñecerse as medidas dispostas no Plan Estratéxico do Litoral presentado polo Goberno central que, segundo reclaman, suporía un “abandono total e absoluto” da nosa costa.

    Segundo informou o presidente da Xunta o día de onte, o dictamen do Consello avala que a Comunidade pode exercer as competencias solicitadas sen necesidade de reformar o Estatuo de Autonomía, o que “reafirma as teses da Asesoría Xurídica da Xunta”. Isto implica que, segundo as conclusións do Consultivo, si se podería efectuar o traspaso competencial do dominio público marítimo-terrestre tantas veces reclamado polo goberno galego.

    Neste eido, Alfonso Rueda fixo fincapé en que o Estado está exercendo “transitoriamente funcións que non lle corresponden”, polo que o Consultivo conclúe que “se debe evitar, por lealdade constitucional, esta situación anómala”.

    Presentación de alegacións. No Consello da Xunta do día de onte tamén se aprobou o acordo polo que se autoriza o traslado ao Goberno central das alegacións presentadas por Galicia ao Plan Estratéxico nacional para a protección da costa española por parte das consellerías de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e do Mar.

    Á reclamación do goberno a este plan, que pon en risco arredor de 4.000 edificacións entre as cales figuran máis de 200 empresas, súmanse as de vinte concellos do litoral e as dos negocios afectados.

    A Xunta explica que logo do impedimento por parte do Estado para que os concellos e as empresas afectadas tivesen acceso ao contido do plan, o goberno autonómico explica que se puxo á disposición dos interesados para recoller as súas alegacións e presentalas ante o Ministerio, co fin de que sexan tidas en conta.

    O conxunto de reclamcións indicen na falta de fundamento legal na execución deste plan estratéxico e en que ten como obxectivo eliminar toda a ocupación do dominio público marítimo-terrestre en Galicia no horizonte 2045. Asemade, tal e como informou a Xunta nun comunicado, denuncian que “carece de fundamento obxectivo ao se basear exclusivamente na opinión de dous funcionarios estatais”. Denuncian tamén que o plan analiza só 28 emprazamentos que xa son de risco potencial, e non toda costa galega.

    Alén disto, dende a Xunta apuntan que a normativa vixente de costas xa regula cando se poden retirar as concesións do litoral debido ao cambio climático. Tal e como indican, é un caso que só se pode dar cando España teña declarado unha área en regresión grave por ter retrocedido a liña de costa máis de 5 metros en cada un dos últimos 5 anos e cando as ocupacións que estean nesa área se vexan alcanzadas polo mar ou exista un risco real de que ocorra. Por isto, o goberno galego mantén que o Estado non pode eliminar as ocupacións da costa porque contradí esta regulación.

    Por outra banda, dende a Xunta explican que nas alegacións tamén se fará referencia a que o plan supón un “novo intento” do goberno central por ampliar as súas competencias a expensas das que posúen as comunidades.

    O día das Letras Galegas e o Apóstol serán festivos no 2023

    Lugar. Dende onte, queda aprobado o calendario laboral de Galicia para o vindeiro ano 2023. Como festivos propios, a Xunta fixou os días 17 de maio, Dia das Letras Galegas, e o 25 de xullo, Día Nacional de Galicia.

    Segundo a normativa son 14 os días non laborables: 12 marcados polo Estado e dous escollidos por cada concello. Dos 12 festivos de ámbito nacional, 9 son obrigatorios e só poderán ser substituídos, cando coincidan en domingo, polo luns seguinte ou por outro día que lle resulte de interese á comunidade. É o caso do 1 de xaneiro, que ao caer en domingo, a Xunta propón cambiar polo Día das Letras Galegas, 17 de maio. O resto de festivos obrigatorios son: Venres Santo (7 de abril), 1 de maio, 15 de agosto, 12 de outubro, 1 de novembro e os días 6, 8 e 25 de decembro.

    No tocante aos tres festivos de caracter nacional restantes, si que son opcionais. Isto implica que poden ser substituídos polas comunidades se así o consideran. Para o vindeiro ano en Galicia escolléronse o 6 de xaneiro e o Xoves Santo (6 de abril), dúas datas que se acotuman a manter de xeito tradicional, segundo informa a Xunta. Tamén se da a opción ás comunidades de escoller entre o 19 de marzo e o 25 de xullo, sendo este último a decisión final, dado que é o Día Nacional de Galicia.

    Unha vez quedan aprobados os festivos de carácter autonómico por parte do Consello da Xunta, estos son publicados no Diario Oficial de Galicia. Asemade, todo os concellos da comunidade terán que determinar cales serán eses dous festivos propios de cada localidade. ECG

    22 jul 2022 / 00:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito