Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
día da patria. Mentres o Bloque opta pola vía constitucionalista, a UPG aposta pola independencia e Néstor Rego defende o soberanismo// Causa Galiza, Unidade Popular e o PCR piden dar un paso adiante e os presos de RG lembran a ‘kale borroka’ TEXTO A. T.

O independentismo dá unha volta de porca ao seu futuro

Cada 25 de xullo renóvanse as mensaxes do independentismo galego, máxime nuns momentos nos que se vive unha crise política e sobre todo económica que afecta toda Europa tras a invasión de Ucraína por parte das forzas militares rusas. En España parece mitigado o impacto dos intentos da Generalitat de Cataluña para forzar unha vía unilateral coa que conseguir a soberanía; Euskadi, tras aquel errado intento do denominado plan Ibarrtexe, as augas volveron a unha canle de expectante normalidade tras o fin da violencia de ETA e os seus herdeiros gañando espazo nas institucións e con influencia no actual Goberno de España.

E que ocorre en Galicia? Este Día dá Patria repite anteriores esquemas aínda que coa mirada posta no futuro máis inmediato que pasaría por un cambio na presidencia da Xunta da man do Bloque e a evolución do conflito no resto de Europa. As mensaxes lanzadas con motivo deste 25-X supoñen unha volta de porca cara ao futuro e o espectro amplíase.

O Bloque mantén o seu camiño da moderación sen referencias directas ao independentismo. O seu lema, de feito, limítase a un “Gañaremos ou futuro. A nosa Galiza en Marcha”, seguindo o ronsel marcado por Ana Pontón no seu período de reflexión do pasado ano que se cerrou aprobando a súa proposta de ampliar a base social de votantes como única fórmula para crecer e optar a presidir algún día Galicia. Contrasta esa postura coas mensaxes que chegan desde a, en teoría, corrente dominante na organización frontista. O lema da UPG na súa mensaxe no que convidaba a participar na marcha do Bloque este luns polas rúas de Compostela, era ben distinto, claro e concico: Independenza para a Galiza. Avanzar.

Néstor Rego, secretario xeral da UPG e único parlamentario da formación en Madrid, asina un artigo na web desa formación, no que defende o soberanismo como fórmula para afianzar o futuro da nosa comunidade. Nel conclúe decindo que “mudar esta situación, de modo a favorecer o desenvolvemento das potencialidades do noso País e a mellora da calidade de vida exixe que sexamos os galegos e galegas os que decidamos libremente sobre todo aquilo que nos concirne e en función dos propios intereses. Iso chámase soberanía”. A situación á que se refire Rego forma parte basicamente da súa intervención no recente debate polo estado da nación na que se referiu ao “espolio a que leva a dependencia política dá Galiza”. Defende o parlamentario facer pedagoxía para “conquistar a hexemonía e colocar a inmensa maioría do pobo galego do noso lado.

Fóra do arco parlamentario os chamamentos á independencia son moito máis fortes e belixerantes. Agora Galiza-Unidade Popular, Causa Galiza e Partido Comunista pola República Galega asinan un comunicado conxunto no que tras denunciar que “nos últimos meses estamos inseridos num cenário de absoluta emergência, onde a multiplicaçom das privaçons, a depaupe raçom e a miséria caraterizam o dia a dia de cada vez maiores contingentes populares. O imperialismo pretende justificar os retrocessos nas condiçons laborais e de vida, os contínuos cortes em direitos e liberdades” reclaman “a luita organizada e unitária é a única alternativa real para um povo assediado polo Capital trasnacional, e as suas políticas de espólio e sobre-exploraçom da nossa força de trabalho e dos recursos minerais e energéticos do país” como obxectivo de “a conquista da nossa soberania e independência nacional, deverá por força vir acompanhada de um ideário republicano e socialista, que recolha as bandeiras das luitas operárias, agrárias, antipatriarcais, ecologistas...”.

Os mozos independentistas tamén empezan a asomar e, como exemplo, desde Isca! ou Erguer fan chamamentos á mocidade para sumarse ao soberanismo. os primeiros tamén asinan cun comunicado no que sinalan que “reivindicamos outro 25 de xulho, por ser a data onde todas as luitas tenhem espaço conjunto sob um marco nacional Queremos trabalhar cara a República Popular Galega, umha realidade na que aspiramos a liberar-nos de toda opressom. Para isso, a única via passa pola independência. Este será o primeiro passo para tombarmos o capitalismo e luitarmos por um sistema justo para as classes populares: o socialismo”.

O sindicalismo independentista tamén fixo os seus chamamento e a CIG defende que un “25 de xullo, como todos os días do ano, reivindicamos os dereitos da patria galega porque somos clase, somos nación, pobo traballador orgulloso e consciente da necesidade de decidir nós o noso futuro e de autogobernarnos para poder vivir e traballar dignamente na nosa Terra” mentras quedende o Sindicato Labrego Galego baioxo o lema Soberanía para facer fronte á violencia do capitalismo neoliberal chaman a unha mobilización xa que “precisamos a nosa soberanía para situar os dereitos da vida por riba dos intereses do capital”.

Os cinco presos de Resistencia Galega tamén se sumaron facendo pública a súas especial recomendacion: ““Lembramos com orgulho os anos de alegre combate nas ruas de Compostela as noites do 24 de julho, a mocidade encarapuzada a libertar por umhas horas o coraçom de umha cidade submetida policialmente e asediada turísticamente, os enfrentamentos com as forzas de ocupaçom, os ataques aos santuarios do capital... Ano tras ano fomos capazes de renovar neste dia a nossa determinaçom e o nosso compromisso. Porque a luita é o único caminho!”. Reivindicando os episodios de Kale borroja que protagonizaban na madrugada do 25-X en Santiago.

26 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.