Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O Parlamento rexeita que a Xunta pague a limpeza dos colexios

Santiago. O PPdeG, grupo maioritario no Parlamento autonómico, rexeitou onte unha proposición non de lei do PSdeG para que a Xunta aumentase o financiamento destinado aos concellos para a limpeza dos centros de ensino non universitario con motivo das medidas de prevención da covid-19.

A proposta, debatida na comisión primeira, non atopou o respaldo da maioría popular, que asegurou que debe ser o Goberno central quen realice achegas para reforzar este tipo de medidas. Con todo, a iniciativa dos socialistas si contou co apoio do outro grupo da oposición, o BNG, que a subscribiu.

A portavoz de Administración Local do PSdeG na Cámara, Begoña Rodríguez, Rumbo, expuxo nun comunicado que, con esta actitude, a Xunta está “a forzar ás entidades locais a asumir competencias propias” dela sen garantir “o financiamento necesario”. Ademais, sostén que o Goberno galego ten “competencia plena” nesta materia e que, dacordo co pacto local de 2006, debe ser quen asuma o mantemento dos centros.

Pola súa banda, o PPdeG, a través do seu portavoz Paula Prado, defendeu que Galicia foi a primeira de todas as comunidades en adaptar o seu protocolo de inicio de curso ás condicións consensuadas co Goberno central, engadindo que Galica debería ter recibido 36,3 millóns de euros máis para educación o que condiciona os labores que pode levar a cabo a Xunta. ecg

17 sep 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito