Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O peche do parque de bombeiros de O Coruxo traerá riscos na resposta

    Laboral. Os sindicatos CC. OO., CIG e CUT fixeron público un escrito dirixido á concellería de Seguridade do Concello de Vigo no que advirten de que o peche dun dos dous parques de bombeiros da cidade, o de Coruxo (que se produciu varias veces na última semana por falta de persoal), amplía os tempos de resposta e atrasa a actuación en eventuais sinistros, polo que pediron aos responsables municipais unha “reflexión profunda” sobre a situación deste servizo.

    Segundo lembraron os representantes dos traballadores, o Plan de Emerxencias Municipal ( PEMU) establece, o nivel de riscos así como a división xeográfica do terreo de cada un dos parques de bombeiros: o central de Teis e o auxiliar, antes en Balaídos e agora, provisional, en Coruxo.

    Ademais, lembraron que parte do éxito depende da rapidez de resposta, limitada co peche E.P.

    25 ago 2021 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.