Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O Perte como dinamizador para a inclusión do galego no mundo dixital

Xunta e USC deron a coñecer as claves do ambicioso proxecto Nós // Román Rodríguez aprecia insuficientes os fondos europeos destinados para o idioma

Coa vontade de dar a coñecer o proxecto ‘Nós de intelixencia artificial ao servizo da lingua galega’, USC e Xunta de Galicia desenvolveron este luns unha xornada dirixida ao público xeral, pero tamén a universidades, empresas e administracións. O foro celebrado no Edificio Fontán da Cidade da Cultura profundou neste proxecto que aspira a acadar a total inclusión do galego no mundo dixital e tecnolóxico e que acaba de entrar na súa segunda fase.

O novo acordo permitirá que este ano os investigadores/as avancen no traballo de campo, deseñen prototipos dos recursos, experimenten cos primeiros demostradores e creen bancos de voz a disposición de toda a cidadanía para facilitar que empresas empreguen o galego nas súas tecnoloxías, entre outras accións.

A xuntanza que contou cunha mesa redonda e varios relatorios, foi inaugurada polo reitor da USC, Antonio López; o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez; a directora da Oficina de Apoio Estratéxico e Planificación da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, María Bobillo; e a comisionada especial para a Alianza pola Nova Economía da Lingua do Goberno de España, Cristina Gallach.

“ingresar sen obstáculos na realidade económica globaL”. Pola súa parte, o conselleiro de Cultura, Educacion, FP e Universidades, Román Rodríguez, reclamou onte ao Goberno central que incremente os fondos europeos destinados á lingua galega para contribuír á súa total incorporación á realidade dixital.

Como expresou, “a incorporación do galego e das outras linguas oficiais ás contornas dixitais debe ser un compromiso de todas as administracións e entidades porque é unha garantía para a súa preservación e promoción”, indicou.

Neste sentido, considerou insuficientes os fondos destinados ás linguas cooficiais no Proxecto Estratéxico para a Recuperación e a Transformación Económica (PERTE) Nova Economía da lingua aprobado polo Goberno central que, cun investimento global de 1.100 millóns de euros de investimento, destina só 30 millóns de euros a apoiar proxectos en linguas cooficiais.

“A porcentaxe final é moi inferior ao importe total das iniciativas en desenvolvemento para a promoción das linguas cooficiais, tendo en conta, que, por exemplo só o Proxecto Nós custa máis de 15 millóns. É preciso un apoio específico a linguas como o galego para asegurar a súa integración na transformación dixital da sociedade porque queremos poder falar con Siri, Alexa ou Google no idioma co que máis cómodos nos sintamos e, ademais, queremos facelo para ingresar sen obstáculos na realidade económica global”, aseverou Rodríguez.

Neste sentido, puxo como exemplo traballo coordinado que xa se está a facer desde Galicia con iniciativas como o Proxecto Nós de Intelixencia Artificial ao servizo da lingua galega, para o que Xunta e Universidade de Santiago inxectaron os primeiros 750.000 euros para visibilizar os primeiros traballos. Indicou que se trata dunha iniciativa que chegará ás tres universidades galegas no marco da Estratexia Galega de Intelixencia Artificial e ao que se pretende dedicar un total de 15,5 millóns de €, o maior investimento directo na promoción do galego en toda a historia, para o que, reiterou, será necesario o compromiso e a implicación de todos.

mesa redonda liderada por Senén BarrO. O director do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS), Senén Barro, moderou a mesa redonda “A importancia da tecnoloxía da linguaxe na sociedade e na economía” coa participación de Cristina Gallach, xunto ao expresidente da Sociedade Española para o Procesamento da Linguaxe Natural, Manuel Palomar; o director do Instituto da Lingua Galega, Xosé Luis Regueira; a directora da Unidade Text Mining do Barcelona Supercomputing Center, Marta Villegas e o vicedirector do HiTZ (Basque Research Center for Language Technologies), Germán Rigau i Claramunt.

Senén Barro dijo en una de sus intervenciones que “el perte puede ser ese aglutinador y dinamizador de lo que ya existe pero va por libre si no hay una iniciativa de choque”.

También manifestó la necesidad de crear en la comunidad demanda para atraer talento.

Por su parte, Gallach dejó caer que no se ha avanzado nada en tecnologías de la lengua. “Ahora es la ocasión para crear unas tecnologías y poder colocarse en una situación que podamos compararse con otros idiomas”, manifestó.

Como deberes citó el trabajar de manera colaborativa entre académicos y investigadores y ponerse objetivos específicos para generar una dinámica de acción de resultado. “Llevamos muchos años en la sociedad hablando de esto pero no se han formado los profesionales y las alexias no hablan como queremos que hablen a nuestros hijos”, añadió.

en quE consiste o proxecto nós?

··· O Proxecto Nós é unha iniciativa estratéxica na que a Xunta e as tres universidades galegas están a traballar para conseguir a presenza do galego en asistentes de voz, subtitulación automática de contidos audiovisuais, apoio ao diagnóstico médico, servizos de teleasistencia avanzada, tramitación administrativa a través de asistentes virtuais, entre outras accións, que garantirán a presenza da lingua galega nas contornas dixitais.

··· Vén de entrar na súa segunda fase na que este ano os investigadores poderán avanzar no traballo de campo, deseñarán prototipos dos recursos, experimentarán cos primeiros demostradores e crearán bancos de voz a disposición de toda a cidadanía para facilitar que empresas empreguen o galego nas súas tecnoloxías, entre outras accións.

24 may 2022 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito