Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O PIB galego medra un 1,93 %, o sexto maior crecemento entre autonomías

A tasa per cápita galega figura con 2.404€ por debaixo do conxunto estatal, a pesar de acadar a máis grande converxencia da serie histórica

O Produto Interior Bruto (PIB) de Galicia medrou durante o 2019 un 1,93 %, segundo publicou onte o Instituto Nacional de Estatística (INE) coa súa Contabilidade Rexional de España.

Un dato que posiciona á galega como a autonomía co sexto maior crecemento desta tasa ao longo do pasado ano, superada por Navarra (2,83%), Madrid (2,46%), Comunidat Valenciana (2,29%), Murcia (2,25%) e Andalucía (2,14%). Pola contra, outras once comunidades rexistraron unha variación interanual do PIB inferior á galega, que se situou media décima por debaixo da media española (1,98%) e catro décimas por riba da media da UE-28 (1,5%).

Nesta situación, entre as comunidades cun menor crecemento do PIB durante o pasado ano sitúanse Castela e León cun incremento do 1,1% e as cidades autónomas de Ceuta (1%) e Melilla (1,2%).

PESO SOBRE O PIB ESTATAL. O galego supón o 5,2% do Producto Interior Bruto do conxunto do Estado, posicionándose deste xeito como a sexta economía no conxunto de España.

Non obstante, este peso non está nunha tendencia moi positiva, pois con respecto ao anterior exercicio –o de 2018– mantense no mesmo 5,2%, pero nos dous exercizos anteriores –2017 e 2016– este peso era unha e tres centésimas maior respectivamente. Non é unha tendencia nova, pois a pesares de que a perda de peso no conxunto da economía estatal é moi leve, os datos din que se sostén no tempo, se nos remontamos a 2009 cando Núñez Feijóo logrou o báculo de San Caetano por primeira vez, este peso era media décima maior que unha década despois.

No conxunto do Estado español, destacan sobre todo Madrid e Catalunya, co 19,3% e 19,0% respectivamente. Con Andalucía (13,3%), Comunitat Valenciana (9,3%) e Euskadi (6,0%) inmediatamente por diante de Galicia.

2.400€ ANUAIS POR DETRÁS DA MEDIA. Galicia foi a segunda comunidade que rexistrou un maior crecemento da renda per cápita no exercizo 2019, acadando un nivel de converxencia en renda con España do 90,9%, que é o maior de toda a serie histórica, e ademais é o segundo ano consecutivo en que se supera esa barreira do 90%, que se produciu por primeira vez en 2018 (90,11%).

Durante o derradeiro exercizo o PIB por habitante galego medrou un 3,67% respecto ao anterior exercizo, ao pasar de 23.283 a 24.034 euros. Isto supón o segundo maior avance de todas as comunidades autónomas, só superado pola Comunidade Foral de Navarra cun 4,15% de crecemento, e nove décimas superior á media española (2,76%).

Non obstante, os galegos perciben de media 2.404 euros menos que a media española. Se ben é certo, cómpre destacar que este indicador ignora as desigualdades da renda.

Tendo en conta toda a última década, dende 2009, Galicia é a segunda comunidade que máis incrementou o seu PIB per cápita, cun crecemento do 18,2% respecto a aquel ano. Un aumento que só supera Extremadora (19,6%) e está por enriba da media das comunidades autónomas (14,6%).

No que respecta ao estado, este indicador macroeconómico experimentou un crecemento dun 2,8% durante o 2019 elevándose ata os 26.438 euros, por enriba dos 25.727 euros de 2018. Trátase do sexto ano consecutivo no que o PIB por habitante aumenta interanualmente. Iso si, o 2019 supuxo o crecemento máis moderado dende o exercizo do ano 2014, cando só avanzou un 1,5%.

Comparativamente entre autonomías, Madrid lidera tamén neste eido cunha renda per cápita un 35,7% superior á media estatal. Seguido por Euskadi, Navarra Catalunya Aragón e La Rioja que completan a terna de comunidades autónomas que superan a media estatal.

Per cápita
10º

Galicia é a décima comunidade en canto ao PIB per cápita. Con 24.034 € anuais, colócase na metade baixa dun ránking autonómico que lideran con claridade Madrid, Euskadi, Navarra e Catalunya.

Madrid 35.876€

Euskadi 34.273€

Navarra 32.692€

Catalunya 31.110€

Aragón 28.993€

á alza
18,2%

O PIB per cápita galego foi o segundo que máis medrou dende 2009. Só Extremadura (19,6%) supera o auxe galego que segue debaixo da media.

madrid afiánzase

··· De acordo cos datos do INE, Madrid consolidou o seu liderado económico sobre Catalun- ya en 2019, tras tela superado en 2018, aínda que a distancia entre ambas veuse lixeiramente recortada.

··· Así, o PIB madrileño sumou 239.878 mi- llóns de euros o pasado ano, o 19,3% do total de España, fronte aos 236.739 millóns do catalán, que no conxunto total representa unha décima menos (19,2%).

En 2018, o PIB de Ma- drid supuxo o 19,2% do PIB estatal, fronte ao 19% de Catalunya.

28 jul 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.