Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O PP de Ourense denuncia falta de transparencia na Subdelegación

O secretario provincial esixe coñecer os expedientes abertos só mediante ordes verbais

Santiago. “Queremos saber cantas ordes verbais acata o subdelegado do Goberno e quen llas dá”, advertiu onte o secretario xeral do Partido Popular de Ourense, Rosendo Fernández, tras anunciar a presentación, diante da Subdelegación do Goberno, dun escrito no que o PP esixe información detallada sobre os expedientes de revisión de legalidade que teña abertos sobre acordos adoptados polas entidades locais da provincia, como consecuencia do requerimento verbal dunha persona ou organización allea a esa Subdelegación.

Os populares tamén piden que se identifique “á persoa que fixera, de existir, eses requerimentos verbais, así como as conclusións dos informes incoados por ese procedemento e o método empregado para comunicar esas conclusións á persoa que solicitase verbalmente o inicio dos expedientes”, indican.

Fernández explica que con esta iniciativa “esiximos a máxima transparencia dunha institución do Estado que, como xa quedou acreditado en días anteriores polas probas que recabamos, está actuando dun xeito partidista e a instancias dun representante público socialista por unha simple demanda verbal”. Ademais, denuncia o “inconcibible” que resulta para el “o irracional proceder dunha persoa” que pon en risgo “os milleiros de axudas xa concedidas pola Deputación aos autónomos e pemes” e usa unha institución dun “xeito sectario e partidista”. Así, Fernandez indica que na súa etapa como subdelegado do Goberno “sempre traballei con papeis e non con berros”.

Por todo isto, os populares de Ourense aseguran que “imos ir ata as últimas consecuencias para poñer branco sobre negro neste caso único e inaudito en España”, e en definitiva, “se estamos ante unha causa xeral contra a Deputación de Ourense instigada por un portavoz frustrado que quería presidila, ou si se trata dun procedemento que afecta a máis administracións”, rematan. redacción

30 jun 2020 / 23:10
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito