Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O PP pedirá abaratar os custes enerxéticos para as hiper electrointensivas

orzamentos. O Partido Popular pedirá ao Goberno o abaratamento dos custes enerxéticos para as industrias hiper electrointensivas nas emendas aos Orzamentos do Estado. Así o anunciou a presidenta provincial, Elena Candia, acompañada do vicesecretario de Participación, Jaime de Olano, do deputado no Congreso, Joaquín García Díez, e dos senadores José Manuel Barreiro, Rosa Arza e Manuel Lorenzo Varela e logo de comprobar, tras unha exhaustiva análise, que as contas do Executivo de Sánchez son unha decepción” para os intereses de Lugo.

“A nosa valoración dos orzamentos do Estado para a nosa provincia é negativa”. Animou aos socialistas lucenses a aproveitar que están esta fin de semana con Pedro Sánchez para cambiar o actual estado de cousas, sinalou a presidenta do PP lucense sinalou.

Neste senso, Candia demandou, ademais, unha solución para Alcoa. “Tendo en conta que os socialistas celebran o seu congreso federal e representantes deste partido na provincia acoden a ese congreso representando a Lugo e aos seus concellos quero pedirlles que aproveiten ese encontro e traían unha solución, ou o compromiso do presidente do Goberno para a solución de Alcoa”, dixo. ecg

17 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.