Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ofensiva dos deputados do PSdeG para sacar adiante a reforma laboral pactada

Coinciden en que o texto permitirá sentar as bases para seguir creando máis emprego

Santiago. A reforma laboral foi xa aprobada polo Consello de Ministros e comeza agora os trámites para a súa aprobación a nivel parlamentario.

Os deputados socialistas da provincia da Coruña no Congreso dos Deputados, Montserrat García Chavarría, Natividad González Laso e Diego Taibo, así como o senador Manuel Mirás, destacan “o consenso da reforma laboral aprobada polo Goberno central, que reforza a creación de emprego de calidade e ofrece seguridade xurídica ás empresas”. Todos eles deron estes xoves unha rolda de prensa na sede da Agrupación Provincial Socialista na Coruña, á que tamén asistiu José Manuel Carreira, secretario de Asuntos Laborais da executiva provincial do PSdeG.

“Dende o goberno, os socialistas puxémonos a tarefa de deseñar políticas económicas ao servizo das persoas, que nos permitan recuperar dereitos”, sinalou González Laso, destacando a reforma laboral como unha desas políticas.

“Este acordo cambiará a vida da xente deste país, modificando as condicións laborais que tronzan os proxectos de vida das persoas”, engadiu a deputada.

Segundo sinalou o senador Manuel Mirás, esta reforma laboral impulsada polos socialistas é “un feito histórico porque en poucas ocasións nunha reforma deste calado se conseguiu un acordo con todos os axentes implicados, sindicatos e patronal”.

Neste sentido, o deputado socialista Diego Taibo recalcou a importancia dunha reforma que busca “atallar os dous principais males herdados do PP tras a súa reforma laboral en 2012: a precariedade e o alto nivel de desemprego”.

“Redúcese o número de contratos, para que o contrato indefinido sexa o máis habitual. Limítase tamén a contratación temporal, con só dous modelos de contrato”, engadiu Taibo.

“Recupérase a negociación colectiva, situándoa de novo no centro das relacións laborais; aumentan os dereitos dos traballadores e se recupera a prevalencia do convenio sectorial fronte ao convenio de empresa”, matizou a deputada García Chavarría.

UN ACORDO HISTÓRICO ENTRE EMPRESARIOS E TRABALLADORES E Por outra banda, nunha rolda de prensa celebrada onte na sede dos socialistas ourensáns, os representantes do PSdeG de Ourense en Madrid: Adolfo Pérez Abellás, Uxía Tizón e Miguel Bautista destacaron que a nova reforma laboral é unha aposta do Goberno por unha recuperación “xusta”, na que se reduce a temporalidade, se reforza a creación de emprego de calidade e se ofrece seguridade xurídica as empresas. Aproveitaron para subliñar que se trata dunha reforma laboral que “por primeira vez conta con empresarios e traballadores, o que permitirá crear un marco legal propio do século XXI”.

apuesta pola contratación indefinida El secretario xeral del PSdeG de Pontevedra, David Regades, criticou pola súa banda ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e á voceira nacional do BNG, Ana Pontón, por opoñerse á reforma laboral que está impulsando o Goberno e que pretende “erradicar a contratación precaria”.

Entre as melloras que traerá consigo o texto pactado, Regades subliñou a recuperación dos convenios colectivos sectoriais, a aposta pola contratación indefinida e a desaparición do contrato por obra ou servicio. redacción

14 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito