Santiago
+15° C
Actualizado
miércoles, 15 septiembre 2021
14:41
h
LABORAL

Operarios de ambulancias en Ferrol denuncian sanción a un compañeiro

Foi suspendido de emprego e soldo por un choque co transporte sanitario // Sindicatos tamén lamentan falta de seguridade ante a Covid

O pasado 6 de xullo, un traballador da empresa que leva a atención do 061 en Ferrolterra sufría un lixeiro choque cando conducía unha ambulancia. A raíz deses feitos, a empresa Servizos Sanitarios do Cantábrico decidía suspendelo durante seis días de emprego e soldo. O persoal decidía mobilizarse onte contra esa sanción. Segundo o afectado, Carlos Montero, “levo aquí 24 anos e nunca foi ninguén sancionado por golpear unha ambulancia... ata o meu caso”.

Tanto Montero, que foi delegado da CIG, como o comité consideran que se trata dunha represalia por sinalar falta de seguridade na empresa. Como indica Beatriz Fernández, representante da CIG, “houbo problemas co lavado de roupa ou de recollida de lixo” en material usado con enfermos de coronavirus.

14 sep 2020 / 19:05
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.