Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Os conselleiros tomaron posesión coa premisa de non dar xiros de 180 graos

Así o asegurou o novo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, convencido de que “Galicia non precisa volantazos” //Todos xuran o cargo a excepción de Calvo e Comesaña, que o prometen

“Galicia non necesita volantazos nin xiros radicais de 180 graos, senón prosperar con ‘ sentidiño’, como ata o de agora”. Baixo esta premisa deu a benvida o novo presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, aos once conselleiros que compoñerán a Xunta de agora e, como mínimo, ata 2024, practicamente os mesmos que na estrutura de Alberto Núñez Feijóo, unicamente coa incorporación do expresidente do PP da Coruña, Diego Calvo á presidencia segunda e á Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.

O xa líder do Executivo galego asegurou este luns na toma de posesión do seu equipo de Goberno no Pazo de Raxoi que, á hora de elixir aos membros do mismo, plantexouse varias preguntas, pero unha fundamental e que respondería a todas as demais: ¿Está avanzando Galicia na dirección adecuada?”. “Eu creo que a resposta está ben clara nestes homes e mulleres que volven hoxe a prometer e xurar os seus cartos poñéndose ao servizo de Galicia”, respondeuse a si mesmo.

E, mostrándose consciente de que os galegos “temos moitas dificultades inmediatas, como a alza dos prezos de moitas cousas, das facturas e dos combustibles, e incertezas para o autónomo e para as empresas que se trasladan ao tecido laboral”, así como “a necesidade de mellorar os servizos públicos, moitos deles competencia da Xunta”, concedeu que tamén é preciso “recoñecer que Galicia, co presidente Feijóo, estaba a responder con determinación a todo o que estamos a encarar e ao futuro”.

Así, concluíndo a necesidade de volver elixir aos mesmos conselleiros, lembrou que grazas a eles a comunidade “resistiu a pandemia como mellor lugar da Península, desde o punto de vista sanitario e económico; e segue captando novos investimentos para protexer os tecidos empresariais fronte ás incógnitas que estamos a afrontar e que imos afrontar”.

Deste xeito, apostou por seguir a senda que deixou Feijóo (moi presente no acto a pesar da súa ausencia física). “Este novo Goberno terá o equipo máis experimentado para afrontar os retos”, proclamou, seguro de que “o que funciona ben non debe tocarse, debe mellorarse e complementarse”. Ese complemento sería o recentemente chegado Diego Calvo.

Sobre os conselleiros, lembrou que todos eles contan con “unha traxectoria contrastada e de servizo público”, que nos deu “máis veces alegrías que desgustos”, e seguen “dispostos para Galicia”. Por iso, pediulles “que sigan entregando os mellores anos da súa vida profesional para servir a Galicia e aos galegos”, como un “E- Q-U-I- P-O, con todas as letras”. Anticipouse así ás controversias que poidan xurdir durante o seu Goberno, advertindo que se alguén quere declaracións “ altisonantes e contraditorias”, terá que “buscalas noutras administracións, aquí non as vai a atopar”.

Adicou tamén na súa intervención unhas palabras ao seu vicepresidente primeiro, Francisco Conde, ao que considerou “unha persoa imprescindible”, e tamén ao seu vicepresidente segundo, Diego Calvo, que dixo que conta con “a experiencia política e a capacidade de traballar ao dispor do Galicia para integrarse no Goberno e ser un máis”.

Ao resto do equipo, solicitoulles “seguir traballando como ata o de agora”, lembrando que veñen dun Goberno, o de Feijóo, “cun capitán que nos esixía moitísimas horas e dedicación para entender a Galicia e para facer as cousas ben”.

Diego Calvo: “Traballarei para que os galegos poidan estar orgullosos”

Santiago. O recentemente chegado ao Goberno (non así á política galega), Diego Calvo, que ocupa desde este momento a vicepresidencia segunda da Xunta de Galicia, así como a consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, agradeceu este luns tras prometer o cargo a confianza depositada nel por parte do presidente Alfonso Rueda, ao que cualificou como “un bo amigo”.

Tamén tivo palabras amables para os seus actuais compañeiros á fronte do Goberno galego, “homes e mulleres con moita experiencia, con anos traballando para solucionar os problemas da xente de Galicia”, dos cales asegurou estar disposto a “aprender”.

Deste xeito, lembrando as súas orixes humildes no pobo coruñés de San Sadurniño, afirmou ser “unha persoa con sorte”, xa que, a pesar de que “hai moita xente válida que podería desenvolver estas funcións, tocoume a min”, polo que “tratarei de mellorar o legado que deixas (dirixíndose a Rueda) na Consellería de Presidencia”.

E é que indicou a súa procedencia dunha familia que desde pequeno ensinoulle os valores do “esforzo, traballo e honradez”. Por iso, prometeu estar á beira de Galicia como leva facendo todos estes anos nos distintos traballos e funcións que lle foron encargadas, “tanto nos bos como nos malos momentos”. Por iso, poñendo por diante os “retos apaixonantes” aos que sen dúbida terá que enfrontarse no que resta de lexislatura, mostrou entusiamos para “mellorar todas e cada unha das situacións”, con “moito traballo”.

“Prometo o cargo diante de todos vós, e sei que se algo non vai faltar nesta Consellería é o traballo”, sentenciou, asegurando que “non sei se terei máis acertos ou erros, pero traballarei para que todos os galegos sentan orgullosos do seu Goberno”. ecg

16 may 2022 / 23:45
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito