Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Os embalses galegos acadan niveis normais logo das fortes choivas desta fin de semana

Asemade, a comunidade rexistrou máis de mil incidencias relacionadas co temporal e 55 accidentes de circulación

O temporal que arrasou coa comunidade esta fin de semana de Noitevella trouxo consigo fortes choivas que finalmente devolveron gran parte dos embalses galegos a niveis normais, cando en setembro se atopaban a menos dun 50% da súa capacidade.

É o caso do embalse de Belesar, da Confederación Hidrog´rafica Miño-Sil que onte acadou niveis de auga
de case un 92% polo que
Naturgy optou por abrir
as compostas, pero tamén o dos Peares (96,77%), o de
Velle (79,45%), o de Albare-llos (79,06%) e o de Fieira (86,66%). Asemade, tamén os embalses de Galicia-Costa teñen moi boas cifras, estando ao 100% os de Beche, Eume, Vilagudín e Vilasenín.

Con todo, a sobrecarga de auga derivada das fortes e abundantes choivas pode sen contraproducente, coma no caso da presa do río Castro en San Sadurniño, cuxo persoal alertou o pasado venres da súa debilitación e a existencia de perigo de rotura. Isto provocaría unha crecida repentina no caudal do río, que pasa por San Sadurniño, Neda, Narón e desemboca no río Grande de Xuvia.

1.164 incidencias na fin de semana debido ao temporal Pola súa banda, o temporal deixou entre os días 30 e 1 un total de 1.164 incidencias, a maioría delas (591) o sábado, 31 de decembro. As emerxencias máis frecuentes foron as inundacións en vivendas e as incidencias relacionadas coas estradas, provocadas na súa maioría pola caída de árbores.

A provincia máis castigada pola choiva foi a da Coruña, con 432 incidencias. Seguida de Pontevedra (378), Lugo (207) e Ourense (146).

Un dos puntos nos que máis alertas se rexistraron esta fin de semana debida ao temporal foi a cidade de Vigo. Alí, a sala de comunicacións do 092 da Policía Local rexistrou, desde as 07,26 horas do pasado venres, 30 de decembro, un total de 151 incidencias.

Segundo fontes policiais, todas elas producíronse por caídas de árbores e valos, desprazamentos de sumidoiros, a aparición de colectores en plena vía e balsas de auga que se desenvolveron en diver-
sos puntos da cidade olívica.

Pola súa banda, a Policía Local da Coruña tivo que realizar este sábado, 31 de decembro, 71 intervencións debido ás fortes choivas.Entre as incidencias atopáronse caídas de árbores, lonas e valos, o desprendemento dun muro na rúa Adelaida, ademais da entrada de auga a unha vivenda da rúa Marola.

En Ourense, a Policía Local cortou ao tráfico no Túnel de Bobadela durante a tarde deste domingo, 1 de xaneiro, após quedar alagado.

A Policía Local de Ourense tamén informou, a través dun comunicado, do desprendemento de parte dun muro na rúa Basilio Alvarez, zona que tivo que ser acordoada, así como da caída dunha árbore na estrada de Castro de Beiro e dun cedro de grandes dimensións nos xardíns de Pai Feijóo.

Pola súa banda, a Deputación de Lugo está a traballar en cinco estradas provinciais que foron danadas polas fortes choivas para poder restablecer o tráfico “canto antes”.

Estas estradas son a LU-P-0408, que conecta os concellos lucenses de Fonsagrada e Baleira, a súa continuación, a LU-P-0405, que vai até a parroquia de Fonteo en Baleira; a LU-P-1611, que conecta Maceda (Ourense) e Veiga (Lugo); e a LU-P-1801, en Carballedo.

Ademais, a Deputación de Lugo continúa traballando no arranxo da LU-P-1706, de Castro de Rei a Cospeito, á altura de Pontello dous Lobos, que sufriu danos durante o temporal que arrasou Galicia hai pouco máis dunha semana.

inconmunicada pola choiva. Precisamente, na provincia de Lugo, un dos concellos máis afectados polas fortes choivas desta fin de semana foi o de Ferreira de Pantón, que permaneceu incomunicado por estrada na tarde e noite do domingo.

O alcalde de Pantón, José Luís Álvarez, confirmou a Europa Press o anegamiento na Nacional-120 á altura de Canaval, na estrada de Pantón a Moreda, “á beira do balneario”. Tamén deu conta dunha estrada do concello que segue “cortada, con máis dun metro de auga, e que aínda non é transitable”.

“Isto débese a que, nalgún caso, as pontes non son para moito caudal, pero no momento que baixa a maleza e instálase debaixo da ponte a auga non ten por onde pasar e sobe por encima das pontes”, acreditou.

Son varias as canles fluviais que pasan por este municipio do sur da provincia de Lugo: o río Miño, o Sil e o Cabe, ademais de afluentes como os ríos Carabelos e Ferreira, entre outros.

“Houbo moita choiva, aquí os ríos non se limpan. Danlle aos ríos o mesmo aprecio que si fóra en Salamanca ou Andalucía. Os ríos levaban moita maleza e houbo un problema grave de inundacións, porque os ríos non contiñan tanta auga”, apostilou o rexedor.

76 persoas involucradas en accidentes de tráfico. Atendendo ao tráfico durante a din de semana, o 061 asistiu un total de 76 persoas entre as 15:00 horas do venres 30 ata as 23:59 horas do domingo 1. Dos 55 sinistros que houbo, 22 foron no propio día do 31. En 62 dos casos, os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e, en 14 ocasións, atendeuse no propio lugar do incidente.

Por provincias, Pontevedra, con 27 sinistros, foi a que máis accidentes de tráfico rexistrou durante os desprazamentos destas datas. Seguida da Coruña, con 14; Lugo, con 12; e Ourense, con dous.

03 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito