Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Os mozos, o emprego e a reactivación serán os eixos do pacto pola vivenda

Prevé unha inversión de 300 millóns ata 2025 para chegar a 40.000 fogares // Inclúe axudas á compra de ata 20.000 euros // Fomenta a rehabilitación e os alugueiros de inmobles valeiros

O fenómeno das ocupacións ilegais de vivendas na comunidade é un asunto que preocupa tanto á Administración autonómica como á Xustiza. De feito, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, xa mantivo encontros co fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes, para analizar u-nha situación complexa.

Trátase dun problema que se ten agudizado en 2020 e que fai cada vez máis urxente de acometer as reformas lexislativas que sexan necesarias para garantir un marco xurídico eficaz, definido e duradeiro fronte ás ocupacións. Neste sentido, desde a Xunta xa se trasladou a idea de que o Goberno central debe intervir, no marco das súas competencias, para acabar coas dúbidas e a inquedanza social que están a xerar este tipo de casos en todo o país.

Segundo os datos do Ministerio do Interior, o número de denuncias por casos de ocupación en Galicia pasou das 59 do primeiro trimestre deste ano ás 79 rexistradas durante o segundo, unhas cifras que sitúan á comunidade seis puntos por debaixo da media.

En todo caso, non se trata só dun problema cuantitativo senón cualitativo, pois hai que ter en conta a compoñente social que ten este fenómeno en tanto que afecta aos propietarios dos inmobles ocupados e aos veciños que sofren as súas consecuencias.

Neste sentido, un dos obxectivos básicos da reforma que demanda Galicia deberíase outorgar ás comunidades de veciños, a través da súa presidencia, o dereito a actuar perante a Xustiza para esixir o cese das molestias e incluso a desocupación inmediata dun inmoble.

Así mesmo, tamén ve necesario arbitrar mecanismos xurídicos que permitan garantir o desaloxo cautelar do inmoble nas primeiras horas da ocupación, así como un endurecemento das penas que, por unha banda, disuada aos okupas e, pola outra, elimine a sensación de impotencia entre os afectados.

A reclamación da Xunta dun novo marco xurídico e lexislativo está avalada por informes de expertos e da USC. Por iso, desde a Consellería de Vivenda ven “imprescindible” que o Goberno promova as reformas necesarias, con independencia doutras medidas como, por exemplo, a recente instrución ditada pola Fiscalía do Estado para unificar os criterios de actuación.

A crise derivada da pandemia de coronavirus esixe aos poderes públicos a apertura dun proceso de diálogo e de colaboración para dar respostas que ofrezan solucións reais aos problemas da cidadanía, entre eles facilitar o acceso á vivenda.

Este é un dos obxetivos prioritarios para o Goberno galego. Neste sentido, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda puxo enriba da mesa un paquete de medidas encamiñadas a acadar un pacto social cun amplo respaldo a través do diálogo social e tendendo a man a todas as suxestións para deseñar a mellor política posible.

Son actuacións enmarcadas no eido da vivenda e do solo empresarial e que van en dúas direccións: por unha banda ofrecer axuda e solucións ás familias e persoas en situación de vulnerabilidade con motivo da covid-19 e, por outra, dar apoio ao sector empresarial, especialmente afectado por esta crise e que precisa de medidas de impulso para reactivarse.

Todas elas xa foron presentadas ante o Observatorio da Vivenda nun primeiro documento, non pechado e aberto a cambios, do que a Xunta pretende converter no Pacto Social pola Vivenda. A proposta de folla de ruta para o período 2021-2025 aborda o acceso á vivenda deste todos os puntos de vista.

Conta cun total de 48 medidas, das que 10 serían totalmente novidosas e coas que se investirían directamente máis de 300 millóns de euros nos vindeiros cinco anos para chegar, polo menos, a 40.000 fogares galegos. Ao mesmo tempo preténdese continuar promovendo vivendas sostibles e respectuosas co medio ambiente, impulsando actuacións que redunden no aforro enerxético e a accesibilidade.

10 MEDIDAS NOVIDOSAS. Entre as novas medidas propostas destacan especialmente 10 actuacións totalmente novidosas. En primeiro lugar, aquelas que reforcen o acceso á vivenda, impulsando o acceso dos colectivos máis desfavorecidos, apostando polos mozos e rediseñando o programa. Convocarase u-nha nova liña de axudas á compra de vivendas protexidas de ata 20.000 euros para familias con ingresos inferiores a 4,5 veces o Iprem.

Estas vivendas poderán ser de nova construción ou produto da rehabilitación, preferentemente situadas nas zonas Rexurbe. Desta maneira cómprese un dobre obxectivo: facilitar o acceso á vivenda en propiedade e dinamizar o sector da construción, impulsando a saída ao mercado de vivenda protexida.

Tamén se inclúe un novo programa de alugueiro con opción a compra destinado a menores de 35 anos. Achegará axudas de ata 6.000 euros para os propietarios. O dono da vivenda debe incluír nos contratos de alugueiro a mozos menores de 35 anos a opción de compra ata o quinto ano mantendo o prezo de venda establecido no contrato de arrendamento.

A terceira novidade pasa polo fomento de alugueiro de vivendas baleiras, incluíndo novos incentivos para os propietarios. Con axudas de ata 6.000 euros a cambio da cesión en réxime de usufruto e xestión do alugueiro por parte da Xunta durante 10 anos. Garantindo aos propietarios unha renda mensual e un seguro de reparación de danos.

Igualmente destaca a posta en funcionamento do rexistro de informes de avaliación dos edificios, no que se integrarán as avaliacións aos inmobles de máis de 50 anos para coñecer o seu estado de conservación, grado de accesibilidade e conservación enerxética.

En quinto lugar impulsarse a mellora de vivendas en núcleos rurais con axudas para particulares que sexan autopromotores de vivendas en concellos con saldo demográfico negativo. De xeito que se incentive o asentamento permanente de familias en inmobles que, en moitos casos, están en estado de abandono tras ser transmitidos por herdanzas ou doazóns.

Ademais, porase a disposición dos concellos unha plataforma informática para que poidan crear un rexistro de núcleos en estado de abandono para facilitar as obras de rehabilitación. Simplificando os procedementos de adquisición ou alugueiro de vivendas en ruínas.

En séptimo lugar destacan os programas indirectos de apoio á rehabilitación, a través da sinatura de convenios con asociacións ou entidades para fomentar o financiamento das obras de rehabilitación de particulares. Colaborando, así, na profesionalización do sector, a través da formación específica no ámbito da rehabilitación.

O pacto social pola vivenda tamén prevé medidas dirixidas a empresas. Así, o oitavo punto propón a elaboración dun plan de uso de locais comerciais, poñendo a disposición aqueles de titularidade do IGVS en alugueiro con carencia de dous anos e logo a rendas limitadas ata os cinco anos.

Este plan estará dirixido principalmente a novos emprendedores, co obxectivo de favorecer a implantación de novas actividades empresariais e comerciais. Asemade, preténdese impulsar a implantación de grandes iniciativas empresariais en ámbitos rurais.

Polo tanto, como novena novidade, nos municipios con dinámicas demográficas negativas abordarase a posibilidade de adxudicar solo –mediante a sinatura dun convenio entre a Xunta, concello e empresa– para poñer a disposición dos traballadores vivendas en alugueiro a prezos moderados.

Por último, se prevé a convocatoria de axudas a parques empresariais locais para desenvolver pequenas áreas locais que faciliten o asentamento empresarial ou comercial en zonas con pouca poboación e para actividades que sexan xeradoras de emprego. Serían espazos mixtos, nos que a Xunta asumiría o 50% do investimento.

Galicia pide reformas para acadar un marco legal eficaz frente ao problema ‘okupa’

O fenómeno das ocupacións ilegais de vivendas na comunidade é un asunto que preocupa tanto á Administración autonómica como á Xustiza. De feito, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, xa mantivo encontros co fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes, para analizar u-nha situación complexa.

Trátase dun problema que se ten agudizado en 2020 e que fai cada vez máis urxente de acometer as reformas lexislativas que sexan necesarias para garantir un marco xurídico eficaz, definido e duradeiro fronte ás ocupacións. Neste sentido, desde a Xunta xa se trasladou a idea de que o Goberno central debe intervir, no marco das súas competencias, para acabar coas dúbidas e a inquedanza social que están a xerar este tipo de casos en todo o país.

Segundo os datos do Ministerio do Interior, o número de denuncias por casos de ocupación en Galicia pasou das 59 do primeiro trimestre deste ano ás 79 rexistradas durante o segundo, unhas cifras que sitúan á comunidade seis puntos por debaixo da media.

En todo caso, non se trata só dun problema cuantitativo senón cualitativo, pois hai que ter en conta a compoñente social que ten este fenómeno en tanto que afecta aos propietarios dos inmobles ocupados e aos veciños que sofren as súas consecuencias.

Neste sentido, un dos obxectivos básicos da reforma que demanda Galicia deberíase outorgar ás comunidades de veciños, a través da súa presidencia, o dereito a actuar perante a Xustiza para esixir o cese das molestias e incluso a desocupación inmediata dun inmoble.

Así mesmo, tamén ve necesario arbitrar mecanismos xurídicos que permitan garantir o desaloxo cautelar do inmoble nas primeiras horas da ocupación, así como un endurecemento das penas que, por unha banda, disuada aos okupas e, pola outra, elimine a sensación de impotencia entre os afectados.

A reclamación da Xunta dun novo marco xurídico e lexislativo está avalada por informes de expertos e da USC. Por iso, desde a Consellería de Vivenda ven “imprescindible” que o Goberno promova as reformas necesarias, con independencia doutras medidas como, por exemplo, a recente instrución ditada pola Fiscalía do Estado para unificar os criterios de actuación.

A cifra
48

Medidas contempla o pacto social. Entre elas atópanse un programa de alugueiro con opción de compra destinado aos menores de 35. Tamén o impulso da mellora de vivendas en núcleos rurais, o apoio a rehabilitación e se fomentará o asentamento de empresas.

Un documento aberto
a cambios que busca
o consenso de todos

Santiago. O documento con case 50 medidas está, segundo insiste o Goberno galego, “vivo e aberto a cambios”. O texto agora ten que ser analizado e avaliado polo sector e todos os actores implicados para “entre todos elaborar unha estratexia integral e completa”, que aborde todas as perspectivas da vivenda, pensada para as familias e as empresas e que axude a impulsar a reactivación económica e social de Galicia.

Esta nova senda completará e reforzará o traballo realizado ata o momento pola Xunta, que fixo unha forte e firme aposta pola rehabilitación de vivendas e a rexeneración urbana, con iniciativas como o Programa Rexurbe, as Áreas Rexurbe xa declaradas, as 71 Áreas de Rehabilitación Integral ou o Programa de Vivendas de Mestres; sen esquecer as axudas para adquirir ou facilitar o alugueiro; ao tempo que se impulsa a construción de vivendas de promoción pública ou se dota de solo residencia para VPP nas grandes cidades galegas.

As políticas de vivenda foron mudando, para adaptarse á realidade económica e ás demandas da sociedade galega; “Pero o que non cambiou foi a aposta e o compromiso do Goberno por facilitar o acceso á vivenda, especialmente aos colectivos que experimentan maiores dificultades”, sinalou a responsable do departamento autonómico de Vivenda, Ángeles Vázquez. “Queremos contar co consenso de todos os actores implicados, co visto e prace da cidadanía e do sector”, sinala o Executivo galego. ecg

01 nov 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.