Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Os prezos “abusivos” de Renfe pasan factura: “Non é normal que se queres volver a túa casa as fins de semana teñas que pagar un ril”

Nunha enquisa realizada a máis de 300 usuarios de tren en Galicia, máis da metade denuncian os altos custes / É case tan caro un traxecto de 38 minutos na comunidade como un de 4 horas na meseta

Desde o comezo da pandemia da Covid-19, Renfe tomou a decisión de reducir as súas frecuencias de trens en todo o territorio español, incluído na nosa comunidade onde xa estaban minguadas de seu. Ademais, asegurou que sería unha redución temporal e que se volvería á normalidade. Aínda que a día de hoxe, traxectos como o de Avant Ourense - Santiago de Compostela seguen cun número de trens diarios por baixo da afluencia que había antes do mes de marzo.

Se sumamos esta situación aos continuos incrementos que sufriron os billetes de tren nos traxectos que se atopan en Galicia, pois temos o escenario perfecto para o descontento das viaxeiras e dos viaxeiros. Por exemplo, o traxecto entre Ourense e a cidade de Compostela supón un desembolso de 14,15€ por unha viaxe de 38 minutos de duración, mentres que para o traxecto de ida da cidade termal a Madrid veriámonos obrigados a abonar un importe de 17,70€, mesmo menos dependendo do momento, por un traxecto de menos de 4 horas.

Neste contexto, procedeuse a realizar unha enquisa a 340 usuarios dos servizos de Renfe nosa comunidade autónoma (dos cales 246 eran mulleres, 89 homes e 5 preferiron non dicilo), tanto das catro provincias galegas como doutras do resto de España e de varias franxas de idade. Nesta preséntase unha ampla maioría de entrevistados (59,1%) que elixe o prezo como algo que debería mellorar nos servizos prestados por Renfe, seguido da puntualidade (16,8%) e da organización (7,6%). Desta maneira, quedan en porcentaxes mínimas outros aspectos como a limpeza ou a seguridade. Esta realidade reflíctese en afirmacións dos entrevistados como: “Os prezos son abusivos para o momento de crise que estamos a pasar” ou “Deberían poñer á venda uns bonos para os estudantes que viaxan todas as semanas, do mesmo xeito que teñen bonos para os funcionarios que viaxan todos os días”.

Os prezos “abusivos” de Renfe pasan factura: “Non é normal que se queres volver a túa casa as fins de semana teñas que pagar un ril”

Sobre as medidas fronte á Covid-19, a maioría dos enquisados (59%) expresou que non se están a aplicar de maneira correcta as medidas que preveñen os contaxios. Seguido dunha porcentaxe considerábel de persoas (26%) que non están seguras de se están aplicar os procedementos de maneira correcta. Ademais, máis do 45% das persoas entrevistadas cren que é fácil contaxiarse nas estacións e nos trens, mentres que un 34,4% afirma que quizais é máis fácil. Este medo polo contaxio nas instalacións ferroviarias está latente nas declaracións de varios dos enquisados: “Non é de rigor sentar a dúas persoas xuntas, cando o resto do vagón está baleiro”.

Os prezos “abusivos” de Renfe pasan factura: “Non é normal que se queres volver a túa casa as fins de semana teñas que pagar un ril”

A pesar das queixas por parte dos usuarios, á hora de ter que valorar (do 0 ao 10) a Renfe e os seus servizos un 74,2% destes outórgalle o aprobado, é dicir, dálle unha puntuación 5 ou máis. Dentro destas puntuacións, destaca o grupo de entrevistados que lle un 6, sendo o máis grande de todos (22,1%). Mentres un 25,8% dos enquisados suspende á compañía ferroviaria e dentro deste, un 10,3% outórgalle un 4 de valoración. Tamén destaca que a estación máis utilizada, tanto de orixe como de destino, é a da cidade de Santiago de Compostela. Un 60,6% dos entrevistados emprégaa como destino e o 24,7% adóptaa como orixe. Seguida de lonxe por outras como a de Ourense - Empalme ou A Coruña.

17 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.