Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Os profesores Rossi, Auby e Macedo de Oliveira reciben a Insignia de Ouro da USC

A entidade académica outórgalles o seu máximo galardón polas súas achegas fundamentais en Dereito Público e Administrativo // Distínguese así a relación entre a Universidade e os docentes

A Insignia de Ouro –o máximo recoñecemento que a Universidade de Santiago outorga a aquelas persoas que sobresaen dun xeito especial nos servizos prestados á institución, ben sexa pola súa continuidade e duración, ou pola súa especial relevancia e significación– foille entregada este xoves, nun acto presidido polo rector da entidade universitaria, Antonio López, aos mestres Giampaolo Rossi, Jean-Bernard Auby e António Cândido Macedo de Oliveira polas súas achegas fundamentais e imprescindíbeis para o avance da ciencia do Dereito Público e Administrativo.

A través da Insignia, distinguiuse a “continuada e intensa relación” coa USC destes tres docentes, os cales apoiaron á institución compostelá na formación do seu persoal docente e investigador e no desenvolvemento de numerosas actividades científicas.

o italiano GIAMPAOLO ROSSI. En Santiago de Compostela, o profesor Giampaolo Rossi pasou longas tempadas estudando e escribindo artigos científicos, destacando a súa participación no Congreso da Asociación de Profesores de Dereito Administrativo de España en 2014. Os seus estudos abarcaron un amplo abanico de temas de Dereito Administrativo e Constitucional e plasmáronse en diversas obras monográficas e decenas de artigos publicados. Fundou e dirixiu o Doutoramento en Dereito Administrativo e o Mestrado en Dereito Ambiental da Universidade de Roma 3 e puxo en marcha e coordinou o Observatorio Europeo da Contratación Pública no Centro de Excelencia de Roma 3.

o francés AUBY. Pola súa banda, Jean-Bernard Auby foi profesor na Universidade de Paris II (Panthéon-Assas) (1994-2006), en Paris XII (1987-1994) e na Universidade de Rennes I (1983-1987). Auby ten colaborado coa USC en proxectos de investigación do Plan Nacional de I+D como é o caso de ‘Instrumentos xurídicos para a loita contra a despoboación rural’ que finalizou o ano pasado. Ademais, en 2019, o profesor Auby confiou á USC a sede dunha das tres redes de investigación nas que se segregou a súa Cátedra logo da súa xubilación.

o portugués ANTÓNIO CÂNDIDO MACEDO DE OLIVEIRA. Finalmente, Macedo de Oliveira foi catedrático na Escola de Dereito da Universidade do Minho. O seu vínculo coa USC abrangue ámbitos diversos que van dende a recepción de persoal investigador para estadías pre e postdoutorais, ou o apoio á internacionalización do programa de doutoramento en Dereito da USC. A colaboración coa institución compostelá tamén se estende á organización de seminarios, xornadas e congresos. Ademais, Oliveira –a través do equipo de redacción das revistas que dirixe– fomenta as sinerxías cos investigadores da USC. Neste senso, este profesional exerceu tamén como director da Facultade de Dereito e de Ciencia Política da Universidade Lusófona do Porto.

Nove países pescudan na xenómica un novo impulso á acuicultura

Santiago. Un equipo da USC liderado polo catedrático de Xenética na Facultade de Veterinaria Pualino Martínez investiga no marco do proxecto Aqua-Faang, promovido por un consorcio de expertos internacionais coordinado polo noruegués Sibjørn Lien, na identificación das estruturas e da funcionalidade dos xenomas das seis especies piscícolas máis comercializadas, a fin de mellorar o grao de benestar animal e a rendibilidade das súas producións.

Os resultados obtidos xa ao abeiro deste ambicioso programa internacional, dotado con máis de seis millóns de financiamento e no que colaboran 26 socios de nove países (España, Italia, Polonia, Francia, Noruega, Grecia, Reino Unido, Holanda e Alemaña) están a debaterse estes días en Galicia no primeiro congreso presencial dos socios de Aqua-Faang trala pandemia da Covid, un encontro tamén aberto ás empresas e axentes produtivos do sector acuícola que congrega preto de medio centenar de participantes.

Ao longo da vida deste proxecto, que botou a andar en 2019, lembraron Martínez e Sibjørn Lien xa se fixo boa parte do traballo de análise e identificación dos diversos xenomas das especies obxecto de estudo (carpa, salmón, rodaballo, troita, dourada e lubina), polo que agora cómpre trasladar todos estes resultados a aplicacións informáticas. Así, estes novos desenvolvementos tecnolóxicos permitirán no futuro avanzar na selección de individuos máis resistentes a enfermidades e tamén máis rendibles a nivel produtivo, engadiron estes investigadores. redacción

27 may 2022 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.