Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Os sindicatos manteñen a súa oposición á nova lei de universidades

A primeira reunión co ministro Castells abre as negociacións pero non supuxo avances

Santiago. O Ministerio de Universidades, co seu titular, Manuel Castells, abriu esta semana as negociacións cos sindicatos para falar do anteproxecto da Lei Orgánica do Sistema Universitario (LOSU), que ya pasou polo Consello de Ministros. Desde Galicia, a CIG estivo presente e indica que non supuso avances, xa que soamente se limitaron a expoñer as súas posturas previa, onde quedou en evidencia a oposición de todas as organizacións sindicais ao texto normativo.

Así, informa de que a CIG-Ensino estivo na cita, o día 21, e que o que se fixo foi “intercambiar as posicións dos diferentes sindicatos máis representativos (CIG, CCOO, UGT e CSIF) ao respecto do texto aprobado inicialmente no consello de ministros”.

Trasladou na reunión a súa valoración crítica, “que se centra non só na incapacidade manifesta do texto para resolver os problemas actuais da universidade pública e, especialmente, do seu profesorado, senón mesmo no feito de que crea novos atrancos”, especialmente no relativo ao goberno das institucións e da necesaria defensa da democracia dos diferentes órganos e procesos de elección. Este temas centrou parte da reunión e “o propio ministro recoñeceu que son numerosas as críticas recibidas”, señalan un comunicado de prensa.

Así mesmo, CIG incidiu na cita en que o modelo proposto por Castells é “continuísta coa proposta que presentou no ano 2013 o ministro Wert”, cando pretendía “o baleirado dos órganos académicos e de representación da comunidade universitaria, reforzando unha visión do goberno das universidades públicas afastada do control democrático e propio das empresas privadas”, subliña a CIG.

En canto ás liñas vermellas, declaran que unha delas é o feito da precariedade do personal. Especialmente en canto a a intención de cesar a todas as persoas que substitúen a PDI titular logo de tres anos. É “contrario á reforma pactada polos demais sindicatos co goberno estatal”.

Tamén falaron da ausencia dunha verdadeira carreira profesional dentro de cada categoría ou do feito de que no financiamento Castells “copie o modelo nefasto de Feijóo dun orzamento estrutural e outro por obxectivos sen garantir na lei unha definición da parte estrutural que garanta algo máis que o pago dos salarios”. s. barba

en Galicia
Non afecta a fin dos graos a tres anos

··· O Ministerio de Universidades situará no ano 2023 a fin dos graos de 180 créditos, é dicir, de tres cursos de duración, en todas as universidades españolas, segundo o proxecto de real decreto polo que se establece a organización das ensinanzas universitarias e do procedemento para asegurar a súa calidade. En dous anos deben pasar a 4 anos ou 240 créditos.

··· Esta medida non afectará a ningunha das institucións académicas do sistema universitario galego, pois nin na USC, nin na Uvigo ou a UDC existían xa na actualidade estes graos.

23 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito