Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Os socialistas solicitan á Xunta reforzar o persoal de Atención Primaria

Reclaman que se esgoten ao máximo
as convocatorias de persoal nos MIR e OPE

Santiago. O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, presentará no Pleno desta semana unha moción cunha serie de propostas para a mellora das condicións laborais na Atención Primaria, que resolvan a “situación límite” na que a teñen posto “anos de recortes” dende a chegada do PP ao goberno galego. O responsable socialista urxe a reforzar a dotación de persoal do servizo garantindo a estabilidade laboral.

Torrado esixe en primeiro lugar o compromiso do Goberno galego para esgotar ata o final da lexislatura o máximo posible das convocatorias de persoal nas especialidades e categorías relacionadas coa Atención Primaria tanto nos MIR como nas OPE. Esta medida contribuiría a paliar a saturación destes profesionais, que hoxe están atendendo máis de 50 consultas ao día, e “totalmente abandonados á súa sorte” pola Xunta.

Torrado reclama, ademais, garantir a contratación do persoal eventual para todo o tempo necesario para a cobertura que realizan, erradicando a concatenación de contratos menores para facer a mesma labor no mesmo posto. O parlamentario socialista urxe ao Sergas a ampliar o tempo de contratación “nos chamados contratos de continuidade, ata establecer un mínimo de dous anos con limitación xeográfica”.

Tamén propón a apertura dunha mesa de diálogo co colectivo de titores e titoras en atención primaria “na procura da mellora das condicións e facilidades para a cobertura de formación especializada relacionada coa atención primaria”. Os socialistas galegos reclámanlle á Xunta un informe sobre as prazas de formación sanitaria especializada incluíndo o período 2020-2022, coas prazas solicitadas, as aprobadas e as incluídas en cada convocatoria con datos desagregados.

Por outra parte, o socialista alertou de que a “constante precarización” de Medicina Interna está detrás do conflito desatado polo goberno galego cos profesionais deste servizo, ata o punto de que os xefes de servizo de Interna nos hospitais públicos de Lugo, A Coruña e Pontevedra, veñen de asinar un documento de reivindicacións avalado pola Sociedade Galega de Médicos Internistas e o Colexio Médico de Ourense.

O documento fala de “maltrato laboral”, “precarización”, da “dura sobrecarga” e “precaria situación dos hospitais comarcais”, mentres o Sergas “non ten en conta aos xefes de servizo” de Interna, cando son o verdadeiro “piar de toda a estrutura hospitalaria”. Os propios profesionais apuntan que a Xunta “non promoveu o aumento de prazas MIR nesta especialidade”. Ante isto pide que a Xunta ara vías de diálogo e constitúa unha mesa de traballo permanente”.

No referente ás probas MIR, a Xunta ven indicando nos últimos meses que ten que ser o Goberno central o encargado de aprobar as prazas. ecg

26 jun 2022 / 00:55
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.