Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Para o BNG a baixa de impostos é un pelotazo fiscal do Partido Popular

Critican que terá un impacto de 34 millóns de euros menos nas arcas públicas

Brión. A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, vén de pedir ao presidente da Xunta que rectifique o “pelotazo fiscal” que prepara o Partido Popular cunha rebaixa de 34 M€ en impostos a 7.000 millonarios en Galiza, mentres a maioría social “o está pasando moi mal e temos listas de espera até en atención primaria”, segundo explicou.

Neste sendo, avanzou que o BNG votará no Parlamento en contra desta medida e pide a Rueda que rectifique e que a retire do anteproxecto de orzamentos , “unha decisión, ademais, que se toma desde a rúa Génova a través dun presidente que fai o que lle mandan actuando como recadeiro do PP de Madrid demostrando que non ten proxecto de país é que simplemente goberna ao ditado de Madrid e para unha minoría de millonarios”, tal e como denunciou onte en Brión, que visitou con motivo da festividade de Santa Minia.

Pontón asegurou que esta medida implicaría quitar 34 millóns de euros ás arcas públicas en plena crise de prezos para beneficiar a unha minoría, algo que “é traballar en contra dos intereses dos galegos e das galegas, porque estamos ante unha medida lesiva e antisocial xusto cando se precisa unha redistribución da riqueza”.

“Só beneficia ao 0,2% da xente deste País e demostra que o PP só goberna para o 0,2% mentres que o BNG representa a alternativa para o 99,8% do país”, sentenciou a portavoz nacional, que, de cada ao debate no pleno, volveu a pedirlle ao presidente da Xunta que envíe a documentación dos orzamentos, porque é inaudito que se impoña un debate das contas públicas sen ter enviado a máis mínima información ao Parlamento.

Unha opacidade que lle fai preguntarse á líder do Bloque “que máis oculta” neses orzamentos. “En todo caso” asegurou, “imos pedir que se retire esa medida antisocial que Alfonso Rueda aplica seguindo o que lle mandan desde Madrid e que demostra até que punto carece de goberno para Galiza e aplica o que outros deciden sen ter en conta as necesidades do país, nun acto de submisión aos intereses do PP de Madrid”.

Finalmente, a lider do Bloque Nacinalista Galego tamén quixo chamar a atención sobre o “contraditorio” que resulta ver ao Partido Popular pedir máis financiamento autonómico mentres lle baixa os impostos aos máis ricos da comunidade, e sentenciou que “vai en contra da maioría social”. E. Nieto

24 sep 2022 / 20:53
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito