Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Piden cogobernanza para que a pesca sexa moderna e competitiva

A conselleira do Mar defendeu unha mellor xestión tendo en conta a realidade do sector

Bruxelas. A conselleira do Mar, Rosa Quintana, defendeu este mércores “o necesario equilibrio que debe existir” entre os obxectivos ambientais, sociais e económicos na Política Pesqueira Común (PPC), que está en proceso de avaliación, e instou á Comisión Europea a “recuperar este principio como alicerce”.

Así o trasladou durante a súa participación nunha reunión conxunta celebrada no Parlamento Europeo entre representantes da Comisión de Pesca da Eurocámara e da Conferencia de Rexións Periféricas Marítimas (CRPM) sobre a aplicación do PPC e as súas perspectivas de futuro. A titular de Mar incidiu en que Galicia defende unha mellor xestión tendo en conta a realidade do sector e axustándose a obxectivos flexibles e realistas que permitan que a actividade pesqueira sexa “moderna e competitiva”. Deste xeito, dixo, será “un actor fundamental da economía costeira e na produción de proteína mariña”.

Nesta liña, avogou “pola cogobernanza e pola consulta previa ás partes implicadas”, así como pola presentación de informes biolóxicos e socioeconómicos, para evitar “malos precedentes como o veto á pesca de fondo”. “Entendemos que é necesario abordar os retos actuais establecidos no Pacto Verde Europeo para alcanzar unha pesca sustentable”. C.G.

26 ene 2023 / 06:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito