Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Piden fondos Next Gen para enerxía

O Foro Enerxético de Galicia celebrou unha sesión de traballo na que conclúe que é preciso un esforzo por parte das administracións públicas, e en particular da Xunta, por impulsar proxectos de índole enerxética na comunidade, ao abeiro do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia.

Os Fondos Next Generation supoñen o maior esforzo económico da historia da Unión Europea, e unha oportunidade para achegarnos a unha Europa do século XXI, polo que son o medio máis axeitado para a creación de novos postos de traballo de alto valor engadido e xeración de crecemento económico sostible e sostido. Tanto a Unión Europea como o Plan España Suma inclúen á transición enerxética entre as liñas fundamentais; de feito o Plan España Suma aprobou seis Proxectos Estratéxicos para a Recuperación e Transformación Económica (PERTEs), pertencendo dous deles ao eido enerxético como son a promoción do hidróxeno como vector de almacenamento e do vehículo eléctrico, sendo Galicia apto para ambas tecnoloxías.

No caso do vehículo eléctrico existe unha proposta bastante avanzada de implantar unha fábrica de baterías liderada por Zona Franca, á que o Foro Enerxético demostrou en moitas ocasións o seu apoio; ademais dos postos de traballo directos creados por esta factoría o beneficio é claro para tódalas empresas do sector da automoción, con excelentes recursos humanos e materiais en toda a Comunidade Autonóma.

Na produción de hidróxeno verde a Comunidade dispón dun potencial importante. Ás tecnoloxías tradicionais de xeración como son a eólica, hidroeléctrica ou biomasa debemos engadir outras en réxime de desenvolvemento como as enerxías do mar. Galicia xa é hoxe unha das comunidades con maior xeración eléctrica, existindo a posibilidade de implantar novas centrais xeradoras, que se almacenaría en forma de hidróxeno.

Respecto doutras tecnoloxías non incluidas por parte do Foro Enerxético se quere destacar a existencia de oportunidades para a Comunidade Autónoma. Existen múltiples iniciativas experimentais que poden encaixarse nos Fondos, que redundarían na loita contra o cambio climático e redución de Gases de Efecto Invernadoiro.

O Foro Enerxético de Galicia é unha iniciativa independente que pretende reunir a expertos no sector da enerxía da Comunidade Autónoma e lanzar propostas de mellora da infraestrutura autonómica galega ás administracións públicas, tecido e sociedade galega en xeral. O Foro é unha iniciativa que non está vinculada a ningunha administración pública, organismo empresarial ou grupo de interese.

14 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.