Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Piden solución para os case 26.000 ourensáns do rural sen un banco

Neste momento, 26 concellos da provincia non teñen unha oficina sita no seu perímetro

    Ourense. Os deputados populares pola provincia ourensana, Ana Vázquez e Celso Delgado, rexistraron no Congreso unha iniciativa parlamentaria dirixida a coñecer todas as accións que está a adoptar o Goberno para establecer solucións alternativas ás canles tradicionais, co obxectivo de garantir que a poboación no rural poida ter servizos bancarios, e eviten así a chamada “exclusión financeira”.

    Os representantes populares recolleron as conclusións dun estudo do Banco de España sobre a “Infraestrutura do efectivo e a vulnerabilidade no acceso ao efectivo en España”. Un informe que sinala que na provincia de Ourense o número de puntos de acceso ao efectivo era de 418, o que supón un grao de concentración do 0,45 %. Isto significa que hai un total de 25.870 ourensáns sen puntos de acceso, o 8,4 % da poboación.

    Neste senso, dos 92 concellos ourensáns, 26 carecen de oficina bancaria e teñen nome. Son Arnoia, Baltar, Beade, Os Blancos, A Bola, Carballeda de Avia, Castrelo do Val, Cenlle, Coles, Chandrexa de Queixa, Xunqueira de Ambía, Xunqueira de Espadanedo, Lobeira, Melón, Monterrei, Oímbra, Petín, Piñor, Porqueira, Pontedeva, Punxín, Rairiz de Veiga, Taboadela, Trasmiras, Verea e Vilar de Santos. Igualmente, existen outras pequenas localidades nas que se mantén unha oficina aberta, pero só algúns días á semana, como é o caso de Vilariño de Conso onde a veciñanza só dispón deste servizo os luns e os mércores.

    O estudo do Banco de España analiza como afecta a distribución da infraestrutura de efectivo aos seus usuarios, afirmando que “unha maior redución e/ou concentración destas infraestruturas incrementa a brecha entre quen atopa dificultades para acceder ao diñeiro efectivo e quen ten fácil acceso a el”.

    O uso de diñeiro en efectivo segue sendo importante para moitos cidadáns, engade o informe, “en particular para aqueles que teñen dificultades no acceso a determinados servizos financeiros convencionais ou escasos coñecementos dixitais”. Ademais, sinálase como esencial “asegurar que os cidadáns que desexen usar este medio de pago teñan acceso a el, xa que o grao de acceso físico a servizos financeiros básicos, así como a medios de pago como o efectivo, determina en parte o nivel de inclusión financeira da poboación”. ecg

    outro problema
    servizos postais

    Sangría de perda de efectivos Por outra parte, a CIG-Correos remitiu un comunicado este mércores no que indica estar agardando a que a reunión celebrada este martes, día 24 de agosto, entre o presidente de Correos, Juan Manuel Sérrano e o Delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, sirva para que, dunha vez por todas, se pare a sangría de perda de efectivos para desenvolver o servizo postal e outros novos.

    Diminución constante Ademais, a entidade asegurou que é difícil falar de melloras cando se vén diminuíndo de modo constante o seu número de empleados.

    25 ago 2021 / 19:12
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.